Noticias de Hoy
musicacontemporanea
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 04/12/2020
Horario: 20:30 a 20:30

Ciclo de Música Contemporanea de Lugo MIHL Sons-XXI

Auditorio Gustavo Freire e MIHL. Do 4 ao 21 de decembro.

A área de cultura da Deputación de Lugo organiza o Ciclo de Música Contemporanea de Lugo MIHL Sons-XXI, que arrincará o vindeiro venres 4 de decembro e ata o 21 e serán no auditorio municipal e no MIHL, Museo Interactivo da Historia de Lugo.

O ciclo comezará o 4 no Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas co concerto Brumario e as interpretacións de Javier Martín e Vertixe Sonora, e o luns 21 será Conversando con J.S. Bach coa participación de Ensemble de clarinetes do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes.

Por outra banda, o MIHL acollerá o día 11 ás 20.30 horas a actuación de Vertixe Sonora e o domingo 13 ás 18 horas será o concerto A Maxia dos sons que estará a cargo de Sául Costa e José Vicente Faus. O día 13 pero ás 17.00 horas haberá unha charla complementaria ao concerto.

CONCERTOS

  • 4 de decembro ás 20.30 horas no Auditorio Gustavo Freire, Brumario de Javier Martín e Vertixe Sonora
  • 11 de decembro ás 20.30 horas no MIHL, a actuación de Vertixe Sonora
  • 13 de decembro ás 18 horas no MIHL,  concerto A Maxia dos sons de Sául Costa e José Vicente Faus
  • 13 de decembro ás 17 horas no MIHL, charla complementaria ao concerto
  • 21 de decembro ás 20.30 horas no Auditorio Gustavo Freire, Conversando con J.S. Bach coa participación de Ensemble de clarinetes do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes

Pódese consultar o programa aquí.