Noticias de Hoy
Enxergando o Pais
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 23/01/2016 a 13/02/2016

Ciclo de cine en Lugo: Enxergando o País

Ciclo de cine en Lugo: Enxergando o País.

Comezamos o 2016 en Cultura do País recollendo o mellor da colleita do cinema documental dos últimos anos en Galiza, que quixemos integrar nun ciclo, baixo o título: Enxergando o País, no que as proxeccións sexan un punto de encontro para reflexionar e debater sobre problemáticas actuais que se dan na nosa terra, a partir das visións aportadas nos documentarios.

As proxeccións serán os mércores e os sábados no Lar da Cultura do País e comezarán o sábado 23 de xaneiro co visionado de Feísmos?, de Alejandro Gándara, Antía Ameixeiras e David Fontán, que nos acompañarán no acto.

O programa do ciclo é o que segue:

Sábado 23 de xaneiro, 20:30 hs.: Feísmos? con Alejandro Gándara, Antía Ameixeiras e David Fontán.
Mércores 27 de xaneiro, 20:00 hs.: En todas as mans, con Alberte Román
Sábado 3o de xaneiro, 20:30 hs.: O camiño do tempo, con María Xosé Pérez
Mércores 3 de febreiro, 20:00 hs.: Fíos Fóra, con Sabela Iglesias e Hadriana Pérez (Produtora Illa Bufarda)
Mércores 10 de febreiro, 20:00 hs.: Tesouro de Corcoesto, con Roi Cuba (ADEGA) e Xabier Villares (economista)
Sábado 13 de febreiro, 20:30 hs.: Unitarias. Historia dun mestre galego (1961-1996), con Alberto Sacido Tuñas e Alberto Sacido Romero.