Noticias de Hoy
hoy puede ser mi gran noche web_850x450 1
Fecha: 28/01/2021
Horario: 20:30 a 20:30

Chega o espectáculo Hoy puede ser mi gran noche

Xoves 28 de xaneiro ás 20.30 horas no Auditorio municipal Gustavo Freire

Hoy puede ser mi gran noche é unha festa teatral, un peza cómica e musical, un exercicio de autoficción que conta a fascinante historia dun cantante de orquestra na Galicia dos 90 e a súa filla, cuxa máxima aspiración é ser como o seu pai. Neste espectáculo unha actriz e unha músico en escena despréganse en múltiples voces para facer unha emocionante viaxe ao pasado, a un mundo cargado de exotismo co fin de entender esa estraña amálgama que resulta do que un día quixemos ser e o que somos. Esta é unha obra divertida, valente e profunda, unha celebración do que xa non está, o que puido ser e non foi, un canto aos perdedores, aos que nunca deixan de esperar o seu momento. Unha historia emocionante, un relato desgarrador onde Teatro En albas volve despregar toda a elocuencia da súa poética teatral, a irreverencia, a tenrura e o humor para achegarnos á batalla dunha muller que se pelexa entre o extraordinario e o ordinario, a fazaña e a derrota, o deber ser e a felicidade verdadeira. Teatro en albas é unha das compañías máis interesantes da nova creación teatral, avaladas polas súas obras teatrais gañadoras de múltiples premios, entre eles o Premio Ollo Crítico De Teatro (RNE), recibindo unhas críticas marabillosas polas súas creacións. O elenco da obra da compañía Teatro en Vilo está composto por Noemi Rodríguez e Darlene Rodríguez.

hoy puede ser mi gran noche web_850x450 1