Carnaval Lugo 2018. Programa completo

Fecha 9-02-2018 a 14-02-2018
Lugar
1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×

Programa Carnaval Lugo 2018 // Programa Entroido Lugo 2018.

El Carnaval 2018 repartirá muchos premios a los mejores disfraces en un concurso infantil y otro de adultos.

La programación contará con Feria de productos típicos en la Plaza Anxo Fernández Gómez, música en las calles y plazas, concurso de ferretes y desfile de disfraces desde la Plaza de la Soledad hasta la Plaza Mayor, con interesantes premios para adultos y niños.

PROGRAMA

VENRES 9 FEBREIRO DE 2018
20.00 H. Na Casa do Concello, pregón do Entroido por Lourdes Abuide Valcarce, xornalista de vocación e con devoción polo teatro.
20.15 H. No Campo Castelo, San Pedro, praza Mártires de Carral e recinto histórico, actuación das charangas VKpinta e Garrafón.com.
20.15 H. No fondo da praza Maior, Entroido Escénico coa Escola Palimoco Teatro Danza, Grupo de Teatro Down Lugo e Palimoquiños “Ti déixasteme querer?”( adicada a Manu).
 
SÁBADO 10 FEBREIRO DE 2018
11.00 H. Actuación do grupo de música tradicional Raíces do Campo polas rúas do recinto histórico.
12.00 H. Actuación da murga Os Virtuosos do Tinto polas rúas do recinto histórico.
17.00 H. Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes concentraranse na praza da Soidade (en caso de chuvia, soportais do Mercado Municipal) media hora antes do desfile, que presidirá a charanga Malo Será. Discorrerá polas rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura deste Concello, antes das 14.30 horas do venres, día 9 de febreiro.
* En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks… A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.
 
INDIVIDUAL
  • 1º premio: vale por lote de libros de 50,00 €
  • 2º premio: vale por lote de libros de 40,00 €
  • 3º premio: vale por lote de libros de 30,00 €
Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 50,00 €
 
PARELLAS
  • 1º premio: vale por lote de libros de 75,00 €
  • 2º premio: vale por lote de libros de 60,00 €
  • 3º premio: vale por lote de libros de 50,00 €
Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 75,00 €
 
COMPARSAS
  • 1º premio: vale por lote de libros de 150,00 €
  • 2º premio: vale por lote de libros de 120,00 €
  • 3º premio: vale por lote de libros de 100,00 €
Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 150,00 €
 
19:30 H. No patio do Vello Cárcere, actuación da Banda Filharmónica Infantil .
20:00 H. Por Augas Férreas, actuación da charanga Ars Nova. Na praza do Campo, Entroido Escénico a cargo do grupo Nova Escena “Granxa Menor”.
20:30 H. Polas rúas do centro, actuación da charanga Viño Branco. No Campo Castelo, San Pedro e praza Mártires de Carral, actuación da charanga Os Caliqueños.
21:00 H. Polo recinto histórico, comparsa do Entroido Escénico co grupo Achádego “Vai pola fresca”.
23:00 H. Na praza do Campo e recinto histórico, actuación de Troula animación “ O Mundo do Circo”.
 
DOMINGO 11 FEBREIRO DE 2018
13.00 H. Polo recinto histórico, actuación do grupo de música tradicional Son de Lugh.
13:00 H. No barrio da Ponte, actuación da charanga Os Amigos de Manolo.
18:30 H. Polo barrio de Montirón, actuación da charanga Paradela.
19.00 H. Polo recinto histórico, actuación do grupo de música tradicional Os Campeiros de San Xoán do Campo.
 
LUNS 12 FEBREIRO DE 2018
13.00 H. Polo recinto histórico, actuación da murga Os Virtuosos do Tinto.
19.30 H. Na praza da Milagrosa, actuación da charanga Terra Chá.
20:00 H. No fondo da praza do Campo, Entroido Escénico a cargo do grupo Nostrum Cai “Swing vergoña”.
20:30 H. Polo centro da cidade, actuación da charanga Os Jalácticos e a batucada Perkusiona. Pola ronda das Fontiñas, actuación da charanga Arde-Yu-Kú.
 
MARTES 13 FEBREIRO DE 2018
12.00 H. Polo recinto histórico, actuación do grupo de percusión Tambukada.
17.00 H. Gran Concurso de Disfraces (adultos). Os participantes concentraranse na praza da Soidade (en caso de chuvia, soportais do Mercado Municipal) media hora antes do desfile, que presidirá a charanga Noroeste. Discorrerá polas rúas Antón Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Raíña e praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura deste Concello, antes das 14.30 horas do luns, día 12 de febreiro. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.
 
PREMIOS
 
INDIVIDUAL
  • 1º premio: 500,00 €
  • 2º premio: 300,00 €
  • 3º premio: 200,00 €
  • 3 premios de 50,00 €
PARELLAS
  • 1º premio: 600,00 €
  • 2º premio: 400,00 €
  • 3º premio: 300,00 €
  • 5 premios de 100,00 €
COMPARSAS
  • 1º premio: 1.100,00 €
  • 2º premio: 800,00 €
  • 3º premio: 600,00 €
  • 7 premios de 200,00 €
18:00 H. Polo recinto histórico, actuación da charanga A Excusa.
19:00 H. Polo centro da cidade, actuación das charangas Noroeste e A Excusa.
 
MÉRCORES 14 FEBREIRO DE 2018
19.00 H. No quiosco da música da praza Maior, Velorio da Sardiña, a cargo da asociación cultural Pepe Barreiro.
19.30 H. Procesión da Santa Compaña, fará un percorrido pola praza Maior e achegarase ao Velorio.
20.00 H. Enterro da Sardiña. Organizado pola asociación cultural Pepe Barreiro. Saída do cadaleito do quiosco da música para se incorporar á Procesión no Círculo das Artes e percorrer diferentes rúas de Lugo ata rematar na praza Maior, onde se lerán os ferretes pola alma da defunta.

Publicidad

1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×