Noticias de Hoy
almorzos
Fecha: 01/02/2019 a 28/02/2019

Bico de Grao: Actividades febrero 2019

Bico de Grao: Actividades febrero 2019

Información sobre as actividades que se desenvolveran en Bico de Grao no derradeiro mes do ano.

Actividades permanentes:

IOGA
Luns de 17:00-18:00
Imparte Donvina Villares.
Aportación 28 €/mes. Grupo aberto a novas incorporacións.
(Promoción de 45€/mes asistindo tamén a Pilates, polas dúas actividades)

Só tes que traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

PILATES
Xoves de 16.45-17:30
Imparte Donvina Villares.
Aportación 28 €/mes. Grupo aberto a novas incorporacións.
(Promoción de 45€/mes asistindo tamén a Ioga dos luns, polas dúas actividades).

É preciso traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

IOGA PARA BEBÉS CON ACOMPAÑANTE
Xoves de 11:30 - 12:30
Imparte Alejandra Rodríguez
Aportación:20€/mes. Grupo aberto a novas incorporacións

Este ioga está enfocado a explorar os movementos cos nosos bebés. Respectando os seus tempos e tamén, nais ou pais poderemos facer algún estiramento acompañándoos. Estarán máis tranquilos, máis felices e comerán e durmirán mellor.

MEDITACIÓN GUIADA
Luns de 11:30-12:30 ou
Xoves de 19:00-20:00 (Grupo pendente de formarse no horario de tarde).
Imparte: Alejandra Rodríguez
Aportación: 20 €/mes

A meditación axudaranos a descubrir a paz interior. Faranos prestar máis atención ao presente, onde a felicidade é real. Faremos estiramentos para unha boa postura, técnicas de respiración e mantras para unha relaxación profunda (ioga nidra).

ACTIVIDADES PUNTUAIS

Acroioga. Taller de ioga en parellas
Sábado 9 febreiro de 11:30 a 12:30
Imparte Alejandra Rodríguez
Aportación 18€/parella

Trátase dun taller para divertirse. Podes vir coa parella, cun familiar ou amigx. Melloraremos a comunicación sentido o contacto coa outra persoa, vendo como nos apoiamos mutuamente. Aproveitando para corrixir a aliñación de todo o corpo.

Inscríbete ata o 6  de febreiro respondendo a este correo ou en Bico de Grao. Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición.

Mercadiño de troco de Inverno
Mércores 13 de 17:00 a 20:00
De Balde

O Banco de Tempo de Lugo e Bico de Grao propoñémosvos unha nova xornada de intercambio. Lembrade que podedes traer todo aquilo que non esteades a usar, que obviamente se atope en bo estado, e levar aquilo que precisedes. Pódense intercambiar todo tipo de produtos; roupa, libros, música, xogos, bonecos, accesorios, aparellos electrónicos... Calquera cousa que sexa susceptible de ser reutilizado será benvido.

“O TROCO é unha revolución emerxente en tempos de crise. É un sistema de mercado alternativo no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda, promovendo hábitos de consumo responsable e evitando o gasto de diñeiro”

Obradoiro de cosmética natural
Imparte Susana Castro
Aportación 25€

Elaboraremos os nosos propios produtos cosméticos con ingredientes naturais adaptados aos diferentes tipos de pel. Cada participante fará os seus propios produtos e levará unha mostra envasada e lista para usar ou agasallar!

Inscricións ata o día 19 de febreiro respondendo este correo ou pasando pola tenda. Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición.

Ioga en Familia

Sábado 23 de 11:30 a 12:30
Imparte Alejandra Rodríguez
Aportación 10€/adultos 5€/nenos

O propósito desta actividade é crear un vínculo entre a comunidade que rodea as nenas e nenos. É unha experiencia divertida que permite tanto ás persoas adultas como ás cativas descubrir os beneficios do ioga.  Con xogos orixinais, creativos e atractivos, fortaleceranse os lazos familiares aprendendo a compartir o espazo.

Inscricións ata o día 19  de febreiro respondendo este correo ou pasando pola tenda. Para facer efectiva a reserva é necesario aportar o 30% no momento da inscrición.

Xornada de troco de sementes e esgallos
Mércores 27 de 17:00 a 20:00
De Balde

A Rede de Sementes de Lugo (iniciativa a prol da descentralización do control das sementes)  xunto con Bico de Grao, preparamos unha nova sesión de intercambio. É interesante traer as sementes etiquetadas para unha mellor colleita. Pásate pola tenda na Ronda das Fontiñas 226 e troca sen parar sementes e esgallos.

Imos facer aproveitamento para preparar as sementeiras dos cultivos do verán.