Noticias de Hoy
Fecha: 28/04/2014
Horario: 21:00 a 21:00

Alternativas para o cambio: novos camiños nun mundo por construír

A área de cultura da Deputación organiza o Ciclo de conferencias: Alternativas para o cambio: novos camiños nun mundo por construír.

As xornadas que se desenvolverán o 28, 29 e 30 de abril, e 5 e 6 de maio, servirán para estudar con fondura os movementos actuais de imperialismo, así como as novas formas políticas que confrontan, tanto na Galiza coma noutras latitudes do mundo

PROGRAMA

Sandra Piñeiro Vilas, licenciada en Dereito e diplomada en Criminoloxía, e maxistrada no Xulgado de instrución nº2 de Lugo, será a encargada de abrir este ciclo de conferencias, o vindeiro luns, 28 de abril, a partir das 20 horas, no refectorio do Museo Provincial, cun relatorio sobre o amordazamento da protesta social, no que analizará as últimas reformas lexislativas e do papel da xudicatura.

29 de abril, a compañía de teatro Volta e Dálle representará na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo, a partir das 20.30 horas, a obra Dura Lex, que conta a historia dun xuíz que convoca un acto institucional para presentar un invento revolucionario, a Dura Lex Pro 1.0, a máquina de facer xustiza, que ofrece á sociedade a solución perfecta a todas as imperfeccións do sistema xudicial.

O 30 de abril, Farruco Sesto Novás, membro do Gabinete Executivo do Goberno Bolivariano de Venezuela, analizará, no refectorio do Museo Provincial, a partir das 20 horas, os movementos políticosocias de Venezuela, abordando cuestións como a evolución do estado de cousas que levaron a Chávez á Presidencia da República, as formulacións esenciais da Revolución Bolivariana, ou a situación da Revolución no instante actual, entre outras.

5 de maio a partir das 20 horas, para María Reimóndez, tradutora e escritora galega que traerá ao Museo de Lugo unha conferencia sobre a conexión das alternativas na que plantexará a formulación dos feminismos como movemento de pensamento e praxe plural como base de toda iniciativa que busque transformar o mundo no que vivimos.

A última xornada, que se celebrará o día 6 de maio, tamén no Museo a partires das 20 horas, estará protagonizada por una táboa de experiencias de movementos sociais baixo o lema “ Galiza no punto de mira: a revolución que non se deixa silenciar”, na que intervirán representantes da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, da Plataforma de afectadas e afectados polas Preferentes, da Plataforma Galega en Defensa da Sanidade Pública, e da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

Web: www.museolugo.org