Noticias de Hoy
aecc
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 23/02/2019
Horario: 19:00 a 19:00

AECC en Marcha 2019 en Lugo

AECC en Marcha 2019 en Lugo. Andar e correr contra o cancro.

  • Esta iniciativa, baixo o título AECC en Marcha, organizada pola Asociación Española
  • Contra o Cancro,desenvolverase por primeira vez en Lugo, acolléndoa tamén distintas
    cidades españolas en datas diferentes.

A proba arrincará ás 19:00 horas, dende a Praza Horta do Seminario, tal e como explicou Fernández, quen felicitou á AECC Lugo por este novo evento solidario que organiza en Lugo. Así mesmo, tamén insistiu no papel relevante que teñen as administracións para conseguir avanzar en investigación de enfermidades e convidou á veciñanza luguesa a participar nesta cita; unha invitación que tamén comportiu Ramón Carballo.

Ás 19:00 horas arrincará a marcha/andaina para todas as idades polo adarve da Muralla. Unha hora máis tarde, ás 20:00 horas, a milla Sub16 e Sub 18 masculina. Posteriormente a milla Sub16 e Sub18 feminina. A partir das 20:15 horas celebrarase a Milla Sub14 masculina e logo a feminina, dende as 20:30 horas a Sub12 masculina e logo a feminina, para dar paso á SUB 10 masculina e feminina. Ao redor das 21:00 horas, sairá a proba de pitufos mixta (para nenos e nenas nacidas a partir do 2012) e, por último, a milla absoluta. Existe a posibilidade do Dorsal 0, para as persoas que non poidan participar pero decidan contribuír a esta causa solidaria cun donativo.

As persoas interesadas poden inscribirse en www.ccnorte.com. O prezo das inscricións, que será doado integramente a AECC, é distintos dependendo da proba: milla ou marcha.