Noticias de Hoy
Obradoiro ioga risa
Fecha: 01/03/2018 a 31/03/2018

Actividades de marzo de Bico de Grao

Programación de Actividades de marzo de Bico de Grao.

Actividades mensuais:

IOGA

Luns de 17:00-18:00hr.

Imparte Donvina Millares.

Aportación 28 €/mes  Grupo aberto a novas incorporacións.

(Promoción de 45€/mes asistindo tamén a Pilates, polas dúas actividades)

Só tes que traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

CLASES MÉTODO HIPOPRESIVO LPF

Iniciación:  Luns de 12:30-13:30hr. Grupo aberto a novas incorporacións.

Perfeccionamento:  Xoves  quenda de mañá de 11:10 a 12:10hr. ou  quenda de tarde de 19:30 a 20:30hr.

Imparte Cristina Amil.

Aportación 28€/mes. É preciso traer esteira e roupa cómoda.

Infórmate no tlfno.: 644411138

DANZA DO VENTRE

Luns  de 18:30 a 19:30hr.

Imparte Mónica

Aportación 30 €/mes.

É preciso vir con roupa cómoda e calcetíns gordiños.

Anímate a descubrir a Danza do Ventre!!

PILATES

Xoves de 17:00-18:00hr.  

Imparte Donvina Millares. Grupo aberto a novas incorporacións.

Aportación 28 €/mes (Promoción de 45 €/mes asistindo tamén a Ioga, polas dúas actividades)

É preciso traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

INICIACIÓN Á COSTURA CON MÁQUINA (NOVO)

Xoves de 17:00 a 19:00hr.

Imparte Fixenöeu.

Aportación 50€ curso completo. Pódese aboar a parte que se desexe en Xiríns, moeda do Primeiro Banco de Tempo de Lugo*

Duración 6 semanas. As clases serán os xoves 15 e 22 de marzo e o 5, 12, 19 e 26 de abril. É preciso traer máquina.  En Bico de Grao contamos con dúas que se prestarán por rigoroso orde de inscrición.

Prazas limitadas. Inscricións ata o 12 de marzo.

ACTIVIDADES PUNTUAIS

MASTERCLASS DE IOGA DA RISA e CONCERTO-TERAPIA DE CUNCOS BIOSÓNICOS

Sábado 10 de marzo. De 11:00 a 13:00hr.

Imparten Nuram e Shanti.

Aportación 30€.

Impartirán unha sesión de Ioga da Risa na que se inclúe unha relaxación-sanación a través do son dos cuncos de cuarzos biosónicos.

Chámase Ioga da risa porque combina exercicios de risa con exercicios de respiración ióguica, o que aporta máis osíxeno ao corpo e ao cerebro, facéndoos sentir máis vitais e saudables.

Vide desfrutar desta experiencia única!

Inscricións ata o 8 de marzo. Prazas limitadas!

OBRADOIRO DE DEBUXO

Sábados 17 e 24 de marzo. De 11:00 a 13:00 e de 11:00 a 13:30hr.

Imparte @s.p.dzim

Aportación 36€ curso completo . Tódolos materiais incluídos. Idade mínima 13 anos.

Inscricións ata o 14 de marzo. Anótate axiña, prazas limitadas!!

Neste obradoiro aprenderemos as técnicas de grafito, lapis de carbón e sanguina (trazado e sombreado). Tamén veremos como se realiza unha composición e faremos exercicios de debuxo ao natural.

Trae ganas nós poñemos o resto!!