Actividades de diciembre de 2018 en Bico de Grao

Fecha 1-12-2018 a 31-12-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Actividades de diciembre de 2018 en Bico de Grao

Información sobre as actividades que se desenvolveran en Bico de Grao no derradeiro mes do ano.

Actividades permanentes:

IOGA
Luns de 17:00-18:00
Imparte Donvina Villares.
Aportación 28 €/mes. Grupo aberto a novas incorporacións.
(Promoción de 45€/mes asistindo tamén a Pilates, polas dúas actividades)

Só tes que traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

PILATES
Xoves de 16.45-17:30
Imparte Donvina Villares.
Aportación 28 €/mes. Grupo aberto a novas incorporacións.
(Promoción de 45€/mes asistindo tamén a Ioga dos luns, polas dúas actividades).

É preciso traer roupa cómoda, calcetíns gordiños e esteira.

IOGA PARA BEBÉS CON ACOMPAÑANTE
Xoves de 11:30 – 12:30
Imparte Alejandra Rodríguez
Aportación:20€/mes. Grupo aberto a novas incorporacións

Este ioga está enfocado a explorar os movementos cos nosos bebés. Respectando os seus tempos e tamén, nais ou pais poderemos facer algún estiramento acompañándoos. Estarán máis tranquilos, máis felices e comerán e durmirán mellor.

MEDITACIÓN GUIADA
Luns de 11:30-12:30 ou
Xoves de 19:00-20:00 (Grupo pendente de formarse no horario de tarde).
Imparte: Alejandra Rodríguez
Aportación: 20 €/mes

A meditación axudaranos a descubrir a paz interior. Faranos prestar máis atención ao presente, onde a felicidade é real. Faremos estiramentos para unha boa postura, técnicas de respiración e mantras para unha relaxación profunda (ioga nidra).

Actividades puntuais mes de DECEMBRE:

TALLER DE IOGA EN PARELLA – ACRO IOGA
Sábado 15 de 11:30 – 12:30. Inscricións ata o mércores 12 de decembro.
Imparte: Alejandra Rodríguez
Aportación 18€/parella

Trátase dun taller para divertirse. Podes vir coa parella, cunha amiga ou cun amigo. Melloraremos a comunicación sentindo o contacto coa outra persoa, vendo como nos apoiamos mutuamente. Aproveitaremos para corrixir a aliñación de todo o corpo.

OBRADOIRO DE ALMORZOS E MERENDAS SAUDABLES DE NADAL
Mércores 19 de 17:00 a 18:30. Inscricións ata o 17 de decembro.
Imparte: Nutricoles
Aportación 12€ persoa/ 20€ se son dúas persoas.

Divertido obradoiro para persoas miúdas e grandes. Aprenderemos a facer almorzos e merendas saudables enfocadas no Nadal. Receitas sinxelas, saborosas e sobre todo moi saudables.

CHOCOLATADA XUSTA
Martes 11 de decembro de 17.30 a 20.00 no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros (Lugo).

Bico de Grao, como membro parte do colectivo Lugo Xusta, convídavos a unha festa que se celebrará conxuntamente coa xente do Mercado da Terra. Aproveitamos a proximidade das festas do Nadal para amosar que outro tipo de ocio e consumo é posible.

Programa:
17.30 – 20.00 MERCADO DE PRODUTOS ECO E DE COMERCIO XUSTO e XINCANA ECOXUSTA na que poderedes gañar un delicioso chocolate.
18.00 – Actividade infantil – CIRCO IMPROVISTO (Duende Circo).
19.00 – Actuación musical – OS AMIGOS DO CALDEIRO (Cantos de Taberna).
19.45 – Sorteo dunha cesta de produtos ecolóxicos e de comercio xusto.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×