A Capela de Santa María acolle unha mostra de 25 traxes tradicionais da provincia

Fecha 7-04-2018 a 17-06-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

A Capela de Santa María acolle unha mostra de 25 traxes tradicionais da provincia que promove o Goberno da Deputación.

  • É a primeira gran mostra sobre o traxe aldeán de garda das terras de Lugo, provinte de
    Baleira, A Fonsagrada, Castroverde, O Corgo, Sarria, Portomarín, Guntín ou Muras. As prendas foron recollidas polo colectivo Traxandaina, en casas por toda a provincia
  • O Presidente avanzou que “con esta exposición contribuímos a dar coñecer a nosa cultura mediante as nosas vestimentas, afondamos nas nosas tradicións e difundimos o traballo recompilado polos artesáns da provincia”
  • Paralelamente a esta exposición haberá unha xornada sobre a vestimenta e folclore da provincia na que participarán mestres e expertos neste eido, así como un obradoiro de
    confección de saias e un calendario con visitas guiadas

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde inaugurou este xoves na Capela de Santa
María a primeira gran mostra sobre o traxe aldeán de garda das terras de Lugo que acollerá a
Capela de Santa María ata o 1 de xullo. No acto estivo acompañado pola Alcaldesa de Lugo,
Lara Méndez López, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto; así como por representantes
de Traxandaina, coordinadores da mostra. Ademais desta gran exposición, o Goberno da
Deputación ten preparadas outras actividades complementarias como unha xornada sobre a
vestimenta e folclore da provincia, un obradoiro de confección de saias e un calendario con
visitas guiadas a cargo dos responsables desta exposición.

Campos Conde convidou “a todos os colectivos culturais da provincia a visitar esta colección
única, xa que é a primeira vez que se realiza unha mostra destas características. Con esta
exposición, contribuímos a dar coñecer a nosa cultura mediante as nosas vestimentas,
afondamos nas nosas tradicións, e axudamos a difundir o traballo recompilado polos artesáns
da provincia”.

O Presidente sinalou que “os 25 traxes da colección eran os que usaban as mulleres do rural
para lucir os días de feira, os domingos para ir á misa ou “domingar”, e que, como norma xeral, son as mellores prendas que usarían ao longo da súa vida. A mostra está composta por
prendas orixinais e por reproducións que se complementan con pezas de ourivería compostelá.

As pezas, foron recollidas polo colectivo Traxandaina, en casas por toda a provincia, coa
finalidade de salvagardar o noso patrimonio cultural”.

Mandís, mantelas, refaixos, camisas de liño ou panos

Dentro da colección de 25 traxes que se poderán ver na Capela, provintes entre outros
Concellos, de Baleira, A Fonsagrada, Castroverde, O Corgo, Sarria, Portomarín, Guntín ou
Muras. Nesta mostra tamén se exhibirán outras prendas como os mandís de mostra, aos que
se lles adica un apartado especial, as mantelas ou lensas que cobren a saia; os refaixos
bordardos a man, camisas de liño de corte rectos para aproveitar os anchos do tear e mantillos
de gala, mandís de traballo, panos de peito de cabeza, toucas de pelo de cabra e mantóns de
lá feitos no Val de San Lourenzo coas mesmas técnicas que as mantas maragatas.

Xornada sobre a vestimenta e o Folclore

O día 7 de abril, o CENTRAD, acollerá un xornada que analizará o traxe tradicional galego, no
que intervirán diversos investigadores e expertos; Isidro Rodríguez, profesor de baile
tradicional; Javier Feijóo, mestre de canto; Antonio Sanjurjo e Teresa Astorgano do colectivo
Tranxandaina; Davide Salvado, artista e a profesora de baile Mónica Fernández. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto, ata completar aforo, hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web www.deputacionlugo.org.

Obradoiro de confección de saias no CENTRAD

Ademais haberá un Obradoiro no CENTRAD de confección de saias, que será impartido polos
artesáns de Tranxadaina, no que haberá practicas, así como clases que analizarán a evolución
e a historia desta vestimenta. Realizarase os días 12, 13 e 19 de maio. Para inscribirse de xeito
totalmente gratuíto ata o día 2 de maio, hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web
da Deputación.

Visitas guiadas á exposición

Todos os interesados en percorrer esta exposición poden facelo mediante visitas guiadas que
correrán a cargo dos artesáns de Traxandaina. Serán todas ás 18:00 horas, os mércores días
11, 18 e 25 de abril; os xoves días 3, 24 e 31 de maio; os martes 12, 19 e 26 de xuño. E por
último os domingos 29 de abril, 27 de maio e 17 xuño ás 12:00 horas. Para inscribirse de xeito
totalmente gratuíto, Hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×