Noticias de Hoy
candeloira 19
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 16/02/2019
Horario: 13:00 a 13:00

A Candeloria 2019 de Lugo

A Candeloria 2019 de Lugo.

Somos lucenses, consideramos Lugo a nosa cidade. E ten moitas cousas boas, como a magnífica comida ou a hospitalidade dos seus habitantes. Pero carece de algo, e é que a súa oferta cultural é ás veces limitada. Se ben é certo que en eventos como o San Froilán ou o Arde Lucus a cultura toma a cidade, o resto do ano non hai unha continuidade nese aspecto agás a que, por sorte, ofrecen locais como o Clavicémbalo. Se comparamos esta pequena actividade cultural coa doutras cidades e vilas galegas non saímos demasiado ben parados, a verdade.

Tamén somos galegos, amamos a cultura galega. E pensamos que é bastante triste que máis de vinte anos despois do Manifesto de Viana a situación do galego na música continúe sen estar normalizada. Loitamos contra isto escoitando música galega e vendo grupos da terra actuar por todo o país. En definitiva: consumindo cultura galega.

Por suposto, somos festeiros, encántanos a esmorga. E pensamos que Lugo é un lugar perfecto para facer festa… e non unha festa calquera, a festa d’A Candeloria. É unha festa ancestral que nos seus comezos era chamada a Festa da Luz, e celebra o paso do inverno a primavera. Queremos, á par de recuperar esta tradición milenaria, situar a Lugo no mapa festivaleiro galego e estatal. Queremos dignificar a cultura galega en xeral, e á música en particular.

ARTISTAS

  1. Gatillazo
  2. Dakidarría
  3. Skalar
  4. Nao
  5. Euk7
  6. Mafalda
  7. El Coleta
  8. Rebeliom do Inframundo
  9. Arrhythmia
  10. Ruxe Ruxe
  11. Jarfaiter
  12. Tremenda Jauria
candeloria