Noticias de Hoy
L´Ocean Mare
Fecha: 17/08/2017
Horario: 21:45 a 21:45

Concierto L'Ocelle Mare no Liceo Mutante

Concierto L'Ocelle Mare no Liceo Mutante

Nesta casa gústanos moito Thomas Bonvalet, xa dende os tempos que nos voou a cabeza como guitarra dos Cheval de Frise (https://www.youtube.com/watch?v=yOEyw73E7PE )

Thomas é un músico tremendamente especial que non para de reformularse, cuestionarse, sempre na procura de novas formas e ideas, cunha orixinalidade a proba de bombas.
Na actualidade Thomas colabora en proxectos como Arlt, Powerdove (con membros de Deerhoof) , Radikal Satan ou con Jean Luc Guionnet; mais sen dúbida o seu proxecto máis persoal é L'Ocelle Mare.

L'Ocelle Mare xurde como unha exploración das posibilidades acústicas da guitarra mais, fiel ao seu espíritu exploratorio, rapidamente modou para incorporar todo tipo de instrumentos e obxectos: banjo, acordeón, órganos de boca, metrónomos, diapasóns, amplificadores ou mesmo os zapatos foron convertíndose en parte fundamental deste proxecto que dá forma a miniaturas intensas, dinámicas, fugaces e abruptas,sempre atentas ao xesto, ao detalle e á tensión.

https://thomasbonvalet.wordpress.com/
https://www.youtube.com/watch?v=VPhkXPRzIFM
https://www.youtube.com/watch?v=tFzYhI2STFU
https://ocellemare.bandcamp.com/

Por só unha axuda entre 5 e 8 €

L´Ocelle Mare E