Noticias de Hoy
tekfest2017
Fecha: 25/09/2017 a 30/09/2017
Horario: 01:00 a 01:00

TEK-FEST 2017 en Pontevedra

TEK-FEST 2017 en Pontevedra.

O encontro da cultura dixital investiga a relación entre cultural e tecnoloxía

Servir de ponte entre institucions y cidadanía para democratizar os recursos máis avanzados da cultura do século XXI, como a fabricación dixital, os mundos virtuais ao patrimonio tecnolóxico. Este é o obxetivo da segunda edición del Tek-Fest, o encontro da cultura dixital que se vai celebrar en Pontevedra do 25 ao 30 de septembro.

Centrado na relación entre novas tecnoloxías e patrimonio cultural, o programa inclue talleres sobre a aplicación da realidade virtual a recuperación de fotografías antigas, un sobre a creación de superficies e texidos o unha muestra de contidos internacionais da realidade virtual. Ademais, farase unha homenaxe a inventores do século XX como os hermanos Portela Seijo e reconstruirase eo Organ Sound, sistema do sonido inventado por eles, co que se realizará unha acción sonora pola cidade.  

 

WORKSHOP VR + PATRIMONIO fotográfico

Unha viaxe virtual á Pontevedra do século XX. Neste taller aprenderemos a dixitalizar fotografías antigas e a mesturalas con panorámicas actuais para convertelas en imaxes inmersivas que poidan verse en 360º, sacándolle o máximo partido ás posibilidades da VR para reconstruír o patrimonio das cidades. 

Obradoiro gratuíto con prazas limitadas. Dirixido a estudantes de Belas Artes, Humanidades e Comunicación Audiovisual, así como a profesionais da fotografía, a comunicación, o deseño e a xestión do patrimonio cultural.  En breve abriremos o proceso de inscrición. 

HOMENAXE AOS 'TEKIS' DO SÉCULO XX

O TEK-FEST quere reivindicar o patrimonio e o legado dos inventores galegos. Os protagonistas desta homenaxe serán este ano os irmáns Portela Seijo, de Santiago de Compostela, que foron pioneiros na enxeñaría acústica e audiovisual patentando inventos como o Organ Sound, o mítico altofalante feito a base de cilindros e inspirado nos tubos do órgano da Catedral de  Santiago.

Convidamos o artista Miguel Espada, do estudio Espadaysantacruz, para reconstruír por primeira vez o Organ Sound en Pontevedra e convertelo nun instrumento de música electrónica, co que faremos unha acción sonora e visual na cidade. 

MOSTRA VR. CONTIDOS INTERNACIONAIS EN REALIDADE VIRTUAL

O TEK-FEST acollerá a Mostra VR, unha selección internacional dos mellores contidos en realidade virtual, co foco posto nos contidos experimentais e naqueles relacionados coa moda e co patrimonio. 

Tamén se poderán ver pezas realizadas na contorna de Pontevedra e algún dos traballos realizados na primeira edición do TEK-FEST, así como os traballos que saian do workshop de VR + Patrimonio Fotográfico. 

TALLER calor + memoria

Un proxecto a medio camiño entre a arte e o deseño centrado na creación de superficies e tecidos, combinando procesos tradicionais e novas tecnoloxías. Traballando a partir do patrimonio téxtil da cidade xorde esta proposta de traballo en superficies de tecidos e materiais termoplásticos a través de procesos de aillamento + transformación + ritmo + fusión + adhesión. Será impartido pola deseñadora galega afincada en Londres Arantza Vilas, fundadora de Pinaki Studios.

Pinaki Studios crea téxtiles especializados para cinema, televisión e teatro, incluíndo a serie da HBO “Xogo de Tronos” (temporadas 4, 5 e 6), “A princesa branca” (Starz), “Os mosqueteiros” (BBC) e “A fantasma da ópera” (Joen Schumacher). O traballo do estudio tense publicado nas principais axencias de tendencias, como WGSN, Estilo Vista e LSN global.

TEK_HOME_2017_DARK