Noticias de Hoy
5-mulleres-que-comen-tortilla
Fecha: 26/10/2018 a 28/10/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Señora Supina presenta: Cinco mulleres que comen tortilla, en Vigo

Señora Supina presenta: Cinco mulleres que comen tortilla, en Vigo.

Viernes 26 y el sábado 27 a las 21:30 horas y el domingo 28 a las 20:00 horas; precio de la entrada 8 euros anticipada, 10 euros en taquilla.

La compañía viguesa Señora Supina presenta una comedia que ha triunfado en el Off Broadway de Nueva York y que llega este fin de semana a la Sala Ártika de Vigo.

Ano 1956, América. A Sociedad de Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein celebra o seu tradicional concurso anual de tortillas. Este idílico encontro, no que renderán culto a un dos produtos máis marabillosos do mundo: o ovo, vese truncado cando as mulleres teñen que enfrontarse á caída dunha bomba atómica na súa localidade. Son as últimas superviventes e o medo trae confesións e historias do pasado que farán que cada vez se reafirmen máis na idea de que a tortilla é o máis importante que teñen nas súas vidas.
Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que destaca pola reivindicación dos principios do colectivo LGBTI e das mulleres homosexuais a través do humor. A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades o medo ao descoñecido son os motores desta obra na que se integra ao público desde que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein.

FICHA ARTÍSTICA
Actrices: Nola Drake, Alba Outeda, Raquel Ferraz, Gabi Modesto e Laura Quintas.
Dirección: Javier Lojo.
Autores: A. Hobgood e E. Linder.
Traducción e arranxos ao galego: Javier Lojo.
Espacio escénico e iluminación: Vanesa Regengo.
Duración: 80 minutos.
Lingua: galego.
Categoría: comedia de texto.