Diálogos con Pepe Solla e Carmen Quinteiro

Fecha 11-11-2020
Hora 19:30
0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Online.

Afundación TV continúa coa súa proposta de dinamización do coñecemento, Diálogos con Pepe Solla, un foro de encontro cultural no que o prestixioso cociñeiro galego, impulsor do grupo NOVE e da aclamada Casa Solla, o restaurante familiar estrela Michelin fundado en 1961, charlará con destacadas figuras do ámbito cultural e artístico galego sobre as distintas consecuencias da pandemia actual. Carmen Quinteiro será a terceira invitada deste ciclo e o seu encontro terá lugar o próximo mércores 11 de novembro ás 19.30 h en Afundación TV. As inscricións pódense formalizar aquí

Diálogos con Pepe Solla. Acercándonos a Carmen Quinteiro

O terceiro encontro terá lugar o mércores 11 de novembro ás 19.30 h, e contará coa presenza da escritora e profesora Carmen Quinteiro. Esta profesional da docencia, que leva exercendo xa 25 anos, foi candidata aos premios Educa ABANCA na edición deste ano, que recoñecen o extraordinario labor das mestras e mestres. Apaixonada da aprendizaxe permanente, das escolas inclusivas, abertas e participativas, Carmen Quinteiro é tamén unha escritora para quen a palabra resultou ser unha das mellores terapias para superar momentos especialmente complicados. 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×