Novas actividades en Terras do Miño

Fecha 2-01-2018 a 28-03-2018
0 Flares Filament.io 0 Flares ×

A Deputación arrancará o ano con novas actividades en Terras do Miño.

  • Son 13 iniciativas moi variadas (poda, xardinería, compostaxe, horticultura, conferencias, campamentos urbanos…) con 445 prazas. O prazo de solicitude abrirase mañá mesmo a partires das 12:00 horas en www.deputacionlugo.gal
  • Fernández subliñou que “cumprimos con éxito a nosa responsabilidade como xestores da Reserva, que é achegar a riqueza natural e prácticas sostibles. Rematamos o 2017 coa participación de máis de 2.000 lucenses, uns 450 máis que no 2016”

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este martes a nova programación de actividades medioambientais, gratuíta e para persoas de todas as idades, que o Goberno Provincial ten preparada para o primeiro trimestre do 2018 no Centro de Interpretación Terras do Miño. Son 13 iniciativas moi variadas (sobre poda, xardinería de reciclaxe, compostaxe, horticultura, conferencias, campamentos urbanos…) con 445 prazas. O prazo de solicitude abrirase mañá mesmo a partires das 12:00 horas en www.deputacionlugo.gal.

Fernández Queipo destacou que “con estas actividades poñemos en valor a biodiversidade da nosa provincia, a riqueza da mesma e as oportunidades que nos ofrece. Cumprimos con éxito a nosa responsabilidade como xestores da Reserva da Biosfera de Terra do Miño, que é achegar aos veciños a riqueza natural deste territorio e aproveitalo de xeito sostible. Mostra disto é que rematamos a programación de actividades do 2017 contando coa participación de máis de 2.000 lucenses, uns 450 máis que no 2016”.

Foron un total de 2.040 as persoas que participaron entre xaneiro e novembro deste ano nas actividades de Terras do Miño. No 2016 foron 1.575 prazas o que supón un incremento de 465 participantes máis.

Programación

Todas as actividades levadas a cabo polo Goberno da Deputación terán lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño, agás o Obradoiro de iniciación ás aves acuáticas invernantes que tamén se celebrará na Lagoa de Cospeito.

Actividades destinadas aos adultos

  • O 20 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas, Curso de iniciación á poda. Nº de participantes: 20.
  • O 25 de xaneiro de 19:30 a 21:00 horas, Conferencia Formas curiosas e rechamantes no mundo dos cogomelos. Nº de participantes: 40.
  • O 3 de febreiro de 10:00 a 14:00 horas, A compostaxe: De refugallo a recurso. Nº de participantes: 20.
  • O 10 de marzo de 10:00 a 14:00 horas, Obradoiro A horta na casa. Nº de participantes: 20.
  • O 17 de marzo de 10:00 a 14:00 horas, Actividades de relaxación e contacto. Nº de participantes: 40.

Actividades para familias

  • O 13 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas, Obradoiro Xardíns verticais empregando materiais reciclados. Nº de participantes: 20.
  • O 17 de febreiro de 10:00 a 14:00 horas, Obradoiro de iniciación ás aves acuáticas invernantes. Nº de participantes: 20.
  • O 3 de marzo de 10:00 a 14:00 horas, O teixugo na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Nº de participantes: 20.

Actividades infantís

  • O 2, 3 e 4 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas, Historia e Natureza da Nosa Terra. Nº de participantes: 20 (de 8 a 13 anos).
  • O 26 de xaneiro de 17:00 a 20:00 horas e o 27 de xaneiro de 11:00 a 14:00 horas, Día Mundial da educación ambiental. Nº de participantes: 50.
  • O 12, 13 e 14 de febreiro de 10:00 a 14:00 horas, 1º Entroido de ciencia e medio ambiente. Nº de participantes: 20 (de 6 a 16 anos).
  • O 23 de febreiro de 16:00 a 20:00 horas e o 24 de febreiro de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, Obradoiro descubrindo a arte na natureza. Nº de participantes: 25.
  • O 26, 27, 28 de marzo e 2 de abril de 10:00 a 14:00 horas, Campamento Urbano. Nº de
    participantes: 25.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Filament.io 0 Flares ×