Música Clásica en Lugo coa Sociedade Filarmónica

Fecha 25-10-2017 a 5-05-2018
Lugar
0 Flares Filament.io 0 Flares ×

Deputación e Concello enchen de música clásica Lugo colaborando con 14.000 euros coa Sociedade Filarmónica

  • García Porto, Basadre Vázquez e Díaz Núñez presentaron este luns as 10 audicións de música clásica que forman parte da programación da tempada 2017/18, que terán lugar durante os meses de outubro a maio no Círculo das Artes de Lugo.
  • O Executivo Provincial colabora coa Sociedade Filarmónica de Lugo cunha achega económica de 9.000 euros para a celebración desta programación musical. Pola súa parte, o Concello de Lugo realiza unha axuda de 5.000 euros.
  • As entradas para os non socios pódense mercar nas oficinas do Círculo das Artes. Os interesados en facerse socios da Sociedade poden inscribirse en filarmonicadelugo@gmail.com A cota mensual é de 11 euros.

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, e o Secretario da Sociedade Filarmónica de Lugo, José Luís Díaz Núñez, presentaron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a nova programación de concertos da tempada 2017/2018 da Sociedade Filarmónica de Lugo. Trátanse das 10 actuacións que contarán con destacadas agrupacións e solistas nacionais e internacionais e que terán lugar durante os os meses de outubro a maio, no Círculo das Artes de Lugo. O Executivo Provincial colabora cunha achega económica de 9.000 euros para a celebración de concertos durante todo o ano. Pola súa parte, o Concello de Lugo colabora coa sociedade con 5.000 euros.

García Porto aproveitou a ocasión para felicitar a Sociedade Filarmónica de Lugo por “levar acabo este tipo de programacións lúdico-culturais, como os concertos que hoxe presentamos, dende o ano 1947 e contribuír, deste xeito, a facer de Lugo unha cidade cunha cultura musical histórica e importante. Dende o Goberno da Deputación colaboramos con este tipo de iniciativas co obxectivo de achegar, fomentar e difundir a música clásica nos cidadáns, ao tempo que ofrecemos audicións de destacadas agrupacións e solistas de todo o mundo”.

Pola súa banda, Basadre Vázquez agradeceulle á Sociedade Filharmónica de Lugo que organicen un evento tan importante como este, “que enche a nosa cidade de cultura musical e co que se ten en conta á xente nova que está comezando no mundo da música clásica”.

As entradas para os non socios pódense mercar nas oficinas do Círculo das Artes. Os interesados en facerse socios da Sociedade Filarmónica de Lugo pódense inscribir en filarmonicadelugo@gmail.com. A cota mensual é de 11 euros. Ademais, os alumnos do Campus Terra da USC e do Conservatorio de Lugo terán entrada gratuíta en todos os concertos.

Programación de concertos
Todos os concertos da nova tempada da Sociedade Filarmónica de Lugo, coa que colaboran Deputación e Concello de Lugo, terán lugar ás 20:00 horas no Círculo das Artes de Lugo. As datas e artistas e agrupacións que participan este ano son:

  • 25 de outubro, Camerata OSG con Vladimir Rosinskj de director.
  • 21 de novembro, Airas Ensemble con Haruna Takebe o piano.
  • 1 de decembro, Trío Camilli con Viktor Stenhjem, Óscar Alabau e Jean-Sélim Abdelmoula.
  • 17 de decembro, a Banda Filharmónica de Lugo con Iván Martínez Sabio de director.
  • 20 de xaneiro, a Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Amihai Grosz á viola.
  • 28 de febreiro, Brahms Project con Josep Colomé, Joaquín Riquelme, David Apellániz e Enrique Bagaría.
  • 8 de marzo, a Real Filharmonía de Galicia con Paulo Gaio Lima ao violonchelo.
  • 24 de marzo, a Orquestra Sinfónica Vigo 430 co coro Rías Baixas.
  • 10 de abril, Quantum Ensemble.
  • 5 de maio, El León de Oro (LDO) con Marco Antonio García de Paz de director.

Sociedade Filarmónica de Lugo
Por iniciativa dun grupo de lucenses, sensibles á tradición polifónica da cidade e excelentes compoñentes dun conxunto de pulso e puga chamado Rocho Musical, fundouse en decembro de 1.946 a Sociedade Filarmónica de Lugo, tendo como finalidade o fomento e difusión da arte musical. Comeza a súa actividade social o 17 de Maio de 1.947 cun concerto a cargo da Orquestra Municipal de Bilbao. Desde entón e ininterrompidamente leva organizadas máis de 600 actuacións que fixeron posible a audición en Lugo de destacadas agrupacións e solistas de todo o mundo. Como entidade cultural relevante, contribuíu á fundación do Patronato Pro-Música colaborando na institución das Semanas de Música do Corpus Lucense e na creación do Conservatorio.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Filament.io 0 Flares ×