Noticias de Hoy
foto
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 31/08/2017 a 15/10/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición en Lugo: ESCOLMA, de Randolfe Vilariño

Exposición en Lugo: ESCOLMA, de Randolfe Vilariño.

Graduado en Artes Aplicadas na Escola "Mestre Mateo" de Santiago de Compostela na especialidade de esmaltes (1984-89). En 1987 participou como invitado na Bienal de Esmalte de Limoges (Francia) na sección de novas tendencias na arte do esmalte (fora de concurso). Realizou estudios de Xeografía e Historia e de Enxeñería Técnica Forestal. En 1984 realizou unha viaxe de formación a París e posteriormente a Florencia.

A antoloxía pictórica que Randolfe Vilariño presenta no MPLugo caracterízase pola súa natureza lúdica, vivaz, alegre, na que enaltece de forma recorrente a figura feminina. Unha figura que non só plasma na súa obra como un atractivo iconográfico senón tamén como un tema reivindicativo, xa que en varias das súas obras expresa a súa preocupación por temas sociais, entre os que destaca a violencia de xénero.

AS obras da súa última etapa, tamén reivindicativas, amosan un carácter ambientalista, moi influenciado polas súas vivencias no medio rural e polo seu desasosego respecto “ao vexetal que nos absorbe”.

Randolfe Vilariño ten como referentes pictóricos aos movementos vangardistas de finais do século XIX e do XX, desde o expresionismo ata a arte pop, pasando polo movemento figurativo, o surrealismo e outros estilos vangardistas que atopan reminiscencias nesta escolma.

ESCOLMA