Coloquio Internacional Sine Iniuria in Pace Vivatur

Fecha 22-11-2017 a 24-11-2017
Lugar
0 Flares Filament.io 0 Flares ×

25 expertos internacionais participarán en Lugo nun coloquio sobre a romanización, co apoio do Goberno da Deputación

  • O certame, que terá lugar do 22 ao 24 de novembro en Humanidades, reunirá a investigadores procedentes de 18 universidades de España, Francia, Inglaterra, Italia e Portugal que presentarán as súas achegas sobre a construción do imperio romano durante os xulio-claudios (finais do século I a.C. e primeira metade do Século I d.C.)
  • García Porto subliñou que “colaboramos con esta cita que nos axuda a coñecer a nosa cidade romana e as singularidades da nosa provincia; así como coas escavacións no Castro do Castañoso, na Fonsagrada, e no Castro de Arxeriz, na Ribeira Sacra”
  • Os relatorios serán publicados dentro da colección Philtate, Acta et fundamenta antiquae Callaeciae . O obxectivo é analizar as cidades de Lucus e Bracara Augusta

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este luns no salón de actos do Pazo de San Marcos o Coloquio Internacional Sine Iniuria in Pace Vivatur; A Construción do Imperio durante os Xulio-Claudios,  que organiza do 22 ao 24 de novembro a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC, e que conta cunha achega económica do Goberno da Deputación de 3.000 euros. Na presentación tamén participaron o Vicerreitor do Campus Terra, Javier Bueno Lema; e os organizadores do coloquio, Manuel Villanueva Acuña e María Dolores Dopico.

García Porto subliñou que “somos conscientes da importancia da investigación histórica, por iso colaboramos con esta actividade que nos axuda a coñecer mellor a nosa cidade romana, e as singularidades da nosa provincia. Ademais, facemos diferentes colaboracións como as escavacións máis recentes no Castro do Castañoso, na Fonsagrada, ou a do Castro de Arxeriz, na Ribeira Sacra. Colaboramos tamén con distintos certámenes e simposios e, como non podía ser doutro xeito, a través da estreita relación coa USC, e máis singularmente co Campus Terra, nace esta aportación que facemos para o desenvolvemento deste coloquio, ao mesmo tempo que serve tamén de atractivo para todas aquelas persoas que dende calquera enclave do mundo se achegarán durante uns días á cidade de Lugo, conseguindo con isto que sexa un referente no mapa da historia romana”.

Trátase dun proxecto no que participaron historiadores, filólogos, epigrafistas, arqueólogos e técnicos, é dicir, un proxecto multidisciplinar. En definitiva, un total de 25 investigadores procedentes de 18 universidades de España, Francia, Inglaterra, Italia e Portugal. O obxectivo é analizar as dúas cidades de Callaecia, Lucus e Bracara Augusta, o impacto que estas cidades tiveron sobre o territorio, así como outros aspectos da sociedade e da economía.

Proxecto de investigación
Con este coloquio ponse fin ao Proxecto de Investigación de Excelencia do MINECO As fundacións urbanas de Callaecia e a creación dun novo espazo administrativo. Nel pretendese presentar os resultados obtidos ao longo do mesmo, do 2015 ao 2017, pero será tamén a ocasión de ampliar algunhas das cuestións estudadas a través desta reunión científica internacional. Para iso, propuxéronse a 25 investigadores procedentes de 18 universidades de España, Francia, Inglaterra, Italia e Portugal que presentan as súas achegas sobre o que considera un aspecto clave do Proxecto, a “construción” do imperio durante os xulio-claudios (finais do século I a.C. e primeira metade do Século I d.C.), con especial incidencia nos cambios das sociedades indíxenas.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Filament.io 0 Flares ×