Belén Xigante en Viveiro

Fecha 5-12-2017 a 14-01-2018
0 Flares Filament.io 0 Flares ×

Belén Xigante en Viveiro

90 pezas a tamaño natural

O Belén de Nadal de Viveiro, que está composto por 50 figuras a tamaño natural e 40 animais, estará situado no atrio da Igrexa de Santa María, ata o día 14 de xaneiro. Nel recréase con todo luxo de detalles o que podería ser a poboación onde naceu Jesús, e conta con representacións como; o Nacemento, ou os Reis Magos, e coa recreación dun mercado e de oficios como os de ferreiro, pescador, canteiro, pastor, viticultor, agricultor, tintureiro ou lavandeiras, propias da súa contorna. Como novidade, este ano haberá recreacións da recepción de Herodes; Salón de trono; animais; muíños e faros, así como o fondo do portal do Belén.

Enclave único

Esta composición de 90 pezas está considerada como unha das máis importantes de Galicia e destaca pola súa beleza, pola dimensión das súas pezas, pola extensión do seu conxunto, ademais de instalarse nun enclave histórico-monumental de Viveiro.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Filament.io 0 Flares ×