Actividades Medioambientais Gratuítas da Deputación de Lugo

Fecha 7-10-2017 a 29-12-2017
Lugar
0 Flares Filament.io 0 Flares ×

Actividades Medioambientais Gratuítas da Deputación de Lugo.

Programación de actividades medioambientais e gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación e nas que poderán participar máis de 1.000 persoas de todas as idades para os meses de outubro, novembro e decembro. Trátase das novas actividades do cuarto trimestre dos centros de Interpretación Terras do Miño e Casa das Insuas, así como dos Ancares Lucenses. Ademais como novidade este ano haberá 3 roteiros, organizados conxuntamente con ADEGA, que van percorrer a costa de Xove, as terras de Chantada e a serra do Farelo en Antas de Ulla. Os interesados en participar poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982 22 78 12.

Programación de actividades

O Goberno da Deputación decidiu ofrecer un total de 30 actividades nas que poderán participar máis de 1.000 persoas de todas as idades. A programación é a seguinte:

Outubro 2017
14 de outubro. – Paseo botánico pola Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, Ruta do Campus, nun horario de 11:00 a 14:00 horas. Hai un total de 30 prazas. Saída dende a cafetería As Pedreiras.
17, 18, 19, 20, 21 de outubro. – Curso de iniciación á micoloxía, nun horario de 19:30 a 21:00 horas. Agás o día 21 que será dende ás 10:30 a 14:00. Hai un total de 70 prazas. Celebrase no Salón de actos da Deputación.
23, 24, 25 e 28 de outubro. – Curso de micoloxía, nivel II , nun horario de 19:30 a 21:00 horas, agás o día 28 que será dende ás 10:30 a 14:00 horas. Hai un total de 70 prazas. Celebrase no Salón de actos da Deputación.
26 e 28 de outubro. – Planificación do horto outono-inverno. O día 26 cun horario de 19:00 a 21:00 horas, e o 28 cun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 24 prazas. Centro de Interpretación Terras do Miño.

Centro de Interpretación Terras do Miño

Novembro 2017

4 de novembro. – Modulo IV de creación de invertebrados e peixes, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
11 de novembro. – Coñencendo e coidando as plantas do noso xardín dunha forma natural, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
16 de novembro. – Conferencia “Efectos das practicas agrícolas sobre a conservación da bioversidade no noroeste español” , nun horario de 19:00 a 21:00 horas. Hai un total de 40 prazas.
18 de novembro. – Maridaxe de queixos galegos e cervexas artesás, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
24 e 25 de novembro. – Taller arte de biodiversidade, o día 24 cun horario de 16:00 a 20:00 horas, e o día 25 nun horario de 10:00 a 14:00 horas, e pola tarde de 16:00 a 20:00 horas. Curso para profesores. Hai un total de 25 prazas.

Decembro 2017
14 de decembro. – Conferencia “Ornitofauna acuatica dos humedais da Reserva “Terras do Miño”. Diversidade e retos de conservación. Nun horario de 19:00 a 20:00 horas.
16 de decembro. – Favorecemento de poboacións silvestres de insectos e doutros grupos animais na contorna rural e urbana, cun horario de 10:00 a 14:00 horas.
25, 26, 27, 28, 29 de decembro. – Talleres de divulgación e educación ambiental, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.

Actividades da Casa das Insuas (Rábade)
Estas actividades están abertas ata completar aforo de 20 persoas.

Outubro 2017
7 de outubro. – Xornada de reboco de barro, nun horario dende ás 10:00 a 18:00 horas.
14 de outubro. – Os montes veciñais e a conservación da natureza, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.
14 de outubro. – Curso de ilustración da  natureza (primeira sesión), nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.
21 de outubro. – Xornada de caixas niño para aves, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.

Novembro 2017
4 de novembro. – Curso de ilustración da natureza (segunda sesión), nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.
4 de novembro. – Xestión e conservación dos prados tradicionais, nun horario dende ás 11:00 a 19:00 horas.
18 de novembro. – Xornada de construción de refuxios de fauna e outras estruturas, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.
19 de novembro. – Obradoiro de mosaicos, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.

Decembro 2017
2 de decembro. – Curso de ilustración da natureza (terceira sesión), nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.
16 de decembro. – Saída ao campo para a observación de aves, nun horario dende ás 10:00 a 18:00 horas.
26 de decembro. – Campamento de nadal, nun horario dende ás 11:00 a 13:30 horas.

Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes (Reserva da Biosfera os Ancares Lucenses)
Navia de Suarna, acollerá varias actividades que se impartirán na Escola de Barcia:

14 de outubro. – Obradoiro de fabricación artesanal de queixo fresco, nun horario de 16:00 a 19:00 horas.
15 de outubro. – Obradoiro de fabricación artesanal de queixo fresco, nun horario de 16:00 a 20:00 horas.
8 de novembro. – Obradoiro sobre plantas aromáticas na cociña, nun horario de 16:30 a 20:30 horas.

Becerreá, realizará dúas actividades que se impartirán no centro de Servizos Sociais:

10 de outubro. – Conferencia de iniciación a micoloxía, nun horario de 19:30 a 21:00 horas.
28 de decembro. – Obradoiro de consumo responsable, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.

Cervantes,  desfrutará de dúas actividades no Local de usos múltiples en San Roman de Cervantes:

7 de outubro. – Curso de iniciación a micoloxía, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.
14 de decembro. – Iniciación á poda, nun horario de 16:00 a 20:00 horas.

Roteiros en colaboración con ADEGA, poderán participar un máximo 50 persoas. O punto de saída destas tres actividades será a Facultade do Profesorado de Lugo.

22 de outubro. – “En Xove: de Castro da Vela á praia de Esteiro”.
19 de novembro. – “En Chantada: viaxe ao país dos carballos sagrados”.
17 de novembro. – “En Antas de Ulla: de Serra do Farelo a río Ulla”.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Filament.io 0 Flares ×