Noticias de Hoy
The Rebel en Vigo
Fecha: 11/05/2017
Horario: 21:30 a 21:30

The Rebel (O Rebelde) en Santiago de Compostela

The Rebel (O Rebelde) en Santiago de Compostela.

A próxima semana arranca a proxección en cines de The Rebel (O Rebelde) a primeira ópera folk-rock creada en Galicia e que conta a historia de Pádraig Pearse e o Alzamento de Pascua en Irlanda en 1916 . Un proxecto único e multidisciplinar no que están implicados diversos artistas dentro dos campos da música, teatro, cines, artes gráficas e creatividade dixital e que por fin se poderá repetir na gran pantalla.

As entradas xa están á venta e ao final desta nota atoparedes un enlace ao teaser.

5 de maio - Auditorio Sede A Fundación (ESTRENO) A Coruña
11 de maio - Auditorio Sede A Fundación. Santiago de Compostela
12 de maio - Auditorio Municipal de Ourense (Sala Azul) Ourense
18 de maio - Sala de Conferencias Sede A Fundación. Vigo
25 de maio - Auditorio Sede A Fundación. Ferrol
26 de maio- Auditorio Sede A Fundación. Lugo

Na proxeción de The Rebel (O Rebelde) podemos ver a primeira ópera-rock feita en Galicia, onde se mestura música, teatro, danza e cinema. Cunha duración de 72 minutos, desenrólase a figura de Pàdraig Pearse, poeta, mestre e avogado, interpretado de forma maxistral por Fernando Dacosta (nomeado en 6 ocasións ós premios de teatro María Casares, acadando 3 deles).

Líder do Alzamento de Pascua que, tras ler a declaración de independencia nas escaleiras da oficiña postal de Dublín, é apresado e logo de facerlle un consello de guerra, condeado a pena de morte por fusilamento, xunto con seu irmán e outros integrantes do movemento. Os dous poemas máis importantes foron feitos dende a súa cela a escasas horas do fusilamento, un adícallo á súa nai e outro á beleza da vida.

Nas pezas de cinema podemos entrever a paixón pola que seu irmán William (interpretado por Javier Octavio de Toledo) deixa unha vida de artista en París para voltar a caron de seu irmán maior e como Pàdraig idealiza unha causa coa que logo se derruba porque se da conta que é iso... unha causa perdida, sin embargo, pranta o xerme para que, anos despois, súa nai (interpretada por Mela Casal) consiga, a través das urnas, o recoñecemento polo que os seus dous fortes fillos perderan a vida.

O personaxe de Pàdraig interactúa co público nas pezas teatrais, dirixidas por Elena Seijo (integrante de Sarabela Teatro) onde convive tamén no escenario coas bailarinas integrantes do grupo Irish Treble ou co propio cantante Iván Caride. Un espectáculo con historia onde a emotividade e a empatía co protagonista se fan evidentes.

O show foi bendecido polo propio Embaixador de Irlanda en España, Mr.David Cooney e está incluido no libro conmemorativo do centenario do Alzamento e incluso o mesmísimo primeiro ministro de Irlanda, Enda Kenny é coñecedor desta ópera-rock.

ANO 2016: 100 ANOS DO ALZAMENTO DE PASCUA
En 2016, con motivo do centenario do Alzamento de Pascua, Iván e Miguel Caride desenrolan a primeira ópera-rock feita en Galicia e na que contan con Óscar Doviso (Ourense, 1978), para a direción do apartado cinematográfico, estrenándose de forma independente no Ourense International Film Festival (OUFF) a curtametraxe O Rebelde , que narra cunhas pinceladas a figura de Pádraig Pearse.

Actualmente está seleccionada tamén para a edición deste ano do festival Primavera do Cine .

A rodaxe da curtametraxe foi feita íntegramente en Galicia, concretamente no Mosteiro de Oseira (Ourense), na costa de Loiba (Lugo) e en Goiáns (Pontevedra), emulando as paisaxes e localizacións orixinais de Irlanda e París a comezos de século.

Cabe destacar que tanto a música coma o espectáculo parte da paixón de un pai e un fillo (Miguel e Iván Caride) que consiguen transportarnos a través das súas composicións a unha época, un lugar e un momento, acompañados por unha banda de músicos excepcionais e grandes profesionais en cada unha das disciplinas.