Noticias de Hoy
loloemamacoruna
Fecha: 21/09/2018
Horario: 22:00 a 22:00

Representación de la obra Loló e Mamá

O venres 21 de setembro ás 21:00h, o Forum Metropolitano do Concello da Coruña acolle a representación da obra Loló e Mamá en colaboración de AGADIC e do Concello de A Coruña.

Loló e Mamá é unha danza teatral que grazas a un humor fino e ácido consegue facernos ver que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre filo: canto máis se ama, máis doen as cousas, antes de curar.

SINOPSE
Mamá queda no paro e decide instálase na casa da súa filla, Loló, a un océano de distancia. Mais o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada dende sempre, pronto se transforma en desastre. Como acolle unha filla o retorno da nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento?

De que maneira conviven agora coa loita cotiá, contra o aburrimento, unha nai que foi reporteira de guerra e que agora non ten nada que contar... e unha filla, que fronte á ausencia da súa nai, estruturou a súa vida a base de loita individual? Canto tempo pode pasar ata que estoupe a guerrilla familiar?

Actrices: Stephy Llaryora y Josi Lage
Dramaturxia: Esther Carrodeguas
Axudante de Dirección: Noelia Blanco