Noticias de Hoy
Fecha: 10/01/2014
Horario: 21:00 a 21:00

Narf Trío presenta Nas tardes escuras no Teatro Colón

Narf Trío presenta no Teatro Colón o disco-libro Nas tardes escuras (El Patito Editorial 2013), o máis recente traballo discográfico de Fran Pérez "Narf", no que o cantor e compositor explora a poesía de Rosalía de Castro dun xeito innovador.

O grupo, que ofrece un directo fresco e contundente, con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez "Ho Chi Ming" no baixo, interpreta a Rosalía desde a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa.

O lanzamento deste traballo tivo gran repercusión na prensa, na radio e na tv, con críticas moi favorables.