Noticias de Hoy
Alberte_Montes_2
Localidad: A Coruña
Fecha: 29/10/2016
Horario: 00:30 a 00:30

Monólogo Alberte Montes en A Coruña

Alberte Montes é actor e un dos mellores monologuistas emerxentes de Galicia e con prestixio tamén a nivel nacional.

No terreo audiovisual participou nunha ducia de curtametraxes, algunha delas premiada a nivel nacional ("2OS") e recentemente nas longametraxes REC (4) e "El olivo" de Iciar Bollaín. Ten colaborado tamén en programas televisivos da produtora El Terrat como "Salvados", "Buenas noches y Buenafuente" ou "En el Aire" e noutros da TVG.. Este verán gravou a súa primeira ficción televisiva para esta canle, "Augasquentes". Alberte encarna ao avogado Quique e a serie, producida por Ficción Producciones, estase emitindo na actualidade.

Leva máis de 8 anos como monologuista por salas de toda España, ten dous monólogos gravados en Comedy Central e prepara o terceiro para incorporar á canle temática a principios de 2017.