Noticias de Hoy
Foliadas na Coruna
Localidad: A Coruña
Fecha: 16/01/2020
Horario: 21:30 a 21:30

Foliadas en A Coruña

Foliadas en A Coruña.

? Presentamos o proxecto “Foliadas na Coruña” e convidámosvos a participar neste ben que imaxinamos común.

As foliadas merecen un impulso na comarca da Coruña. Non atopamos lugares onde poder gozar da música e baile tradicionais máis aló de locais de hostalería con espazos reducidos para bailar e foliadas anuais que organizamos distintas asociacións.

? Queremos que sexan un lugar para a dinamización das escolas de música e baile tradicionais, gustaríanos aproveitar este momento no que o noso folclore goza de tan boa saúde e ter así un foro que sirva de punto de encontro periódico.

Comezarán as “Foliadas na Coruña” o xoves 16 de xaneiro ás 21:30h. na sala Garufa Club cunha serie de intervencións programadas e unha foliada libre posterior.

As foliadas terán unha entrada de 4€ para sufragar os gastos derivados da mesma e, no caso de que quede remanente unha vez descontados os gastos, este será empregado para vindeiras foliadas. Ademais, se a participación é alta ou se acadan outras vías de financiación (patrocinios ou colaboracións), valorarase rebaixar a entrada e aumentar as axudas para posteriores encontros.

Queremos facervos partícipes do proxecto, poñémonos á vosa disposición para calquera dúbida. Escribindo a info@acdonaire.com podedes contactar con nós para o que precisedes.

? Agardamos poder contar coa vosa presenza nas #foliadasnacoruña!