Noticias de Hoy
FESTIGUAL1
Fecha: 11/11/2020
Horario: 19:00 a 19:00

FESTIGUAL

A Coruña e Online.

Chega a cuarta edición do Festival de Artes pola Inclusión Cultural, FESTIGUAL, unha iniciativa da Fundación Emalcsa desenvolvida co Concello da Coruña. 

O FESTIGUAL, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Vegalsa-Eroski e Fundación María José Jove, é un punto de encontro para que toda a cidadanía da Coruña teña a oportunidade de coñecer e gozar dunha cultura sen barreiras.

O mundo online cobra este ano unha grande importancia dadas as circunstancias da pandemia, polo que se habilitou a web www.festigual.com e redes sociais propias. Todas as actuacións se retransmitirán dende as redes e a web, xa que o aforo será máis limitado que en anteriores edicións.

Este festival é un punto de encontro para que toda a cidadanía teña a oportunidade de coñecer e gozar da cultura sen barreiras. Non se trata só de que as persoas diversas poidan acceder á cultura, senón tamén de que sexan produtoras e formen parte dela.“Este ano máis que nunca é importante seguir apostando pola cultura e en especial pola cultura inclusiva” sinalou a concelleira e Vicepresidenta da Fundación Emalcsa, Yoya Neira, quen tamén sinalou a intención de ter presenza na rúa coa exposición “Unha mirada á diversidade” do artista gráfico Óscar Corral, coa que se pretende poñer o acento na normalización da diversidade como único camiño hacia a inclusión.

A programación do Festival de Artes pola Inclusión Cutural, na que participan asociacións tanto cuturais como sociais, abrangue dende obradoiros inclusivos ata concertos, teatro, audiovisuais ou exposicións, sempre dende un punto de vista inclusivo.

FESTIGUAL