Festi= 2017. Festival das Artes pola Inclusión Cultural en A Coruña

Fecha 2-11-2017 a 3-12-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Festi= 2017. Festival das Artes pola Inclusión Cultural en A Coruña.

Festi= é o Festival de artes pola inclusión social, un punto de encontro para que toda a cidadanía teña a oportunidade de coñecer e gozar da cultura sen barreiras.

Festi= é un festival expandido, con varias citas e proxectos, e cunha data protagonista: o 3 de decembro, Día Internacional da Diversidade Funcional e Sensorial. Será unha xornada que terá como protagonistas ás entidades sociais da cidade, e que estará chea de actividades para todos os públicos e libre de barreiras físicas ou sensoriais.

PROGRAMACIÓN EXPANDIDA

2 de novembro. Ciclo de Lírica Inclusiva da Asociación de Amigos da Ópera da Coruña. 19:00 horas, C.C. de Os Mallos.
Do 9 ao 26 de novembro. Mostra da Sociedade Filatélica. Espazo de exposicións da Casa de Cultura Salvador de Madariaga.
16 de novembro. Ciclo de Lírica Inclusiva da Asociación de Amigos da Ópera da Coruña. 19:00, C.C. de Monte Alto.
23 de novembro. Cerebro-Artes-Acción de Experimentadanza e da Asociación Diversos. 20:00, Casa da Auga da Fundación Emalcsa.
29 de novembro. Mesa redonda de Demusicade. Fundación María José Jove.
28, 29 e 30 de novembro. Obradoiro de Formación de La Quinta del Arte, que culmina coa presentación do proxecto ensaiado na programación do 3 de decembro.
14 de decembro. Estrea de La Gran Boda, de La Quinta del Arte. 18:30, Teatro Rosalía de Castro

Programación do 3 de decembro, Día Internacional da Diversidade Funcional e Sensorial

PRAZA MARÍA PITA

12:00. Acto de entidades sociais
12:30. Acción sorpresa con Guadi Galego.
13:00. Actuación de María Fumaça, o proxecto de música infantil inclusiva da cantante Uxía.

CENTRO ÁGORA

14:30. Concerto de Demusicade.
15:00. Xantar de convivio.
16:00. Torre de Babel, de Diversos. No auditorio.
16:00 a 18:00. Obradoiro de filatelia e presentación da exposición da Sociedade Filatélica.
17:00. Tres por Cuatro presenta a Robert Pier e alumnado.
17:30. Proxección e charla Un día de cine, do Proxecto Máscaras.
18:00. Representación da montaxe ensaiada nos obradoiros previos de La Quinta del Arte.
18:30. Obradoiro Un museo en movemento, da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes.
19:00. Espectáculo Unhas gafas como as do avó, de Caxoto.
20:00. Concerto de Guadi Galego. No auditorio.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×