Noticias de Hoy
Ferramentas dixitais para o traballo en rede
Localidad: A Coruña
Fecha: 29/10/2016
Horario: 11:00 a 11:00

Ferramentas dixitais para o traballo en rede, en A Coruña

Ferramentas dixitais para o traballo en rede, en A Coruña.

Internet revolucionou as dinámicas de traballo común. Un abano de ferramentas dixitais apareceron na nube/rede na que se articulan cada vez máis as nosas relacións. Cada ferramenta que se crea produce unha nova dinámica común, unha nova forma de relacionarnos, de crear en comunidade, de axilizar a toma de decisións, de aprender do resto do equipo e de sorprendernos cos resultados obtidos.

As ferramentas colaborativas en rede facilitan e desenvolven a intelixencia colectiva e a eficiencia das organizacións. Neste obradoiro ensinaremos algunhas pautas para o traballo grupal e falaremos de como pór en marcha un proceso colaborativo. O obradoiro estará impartido por Fur Alle Falle, expert*s en prácticas e ferramentas colaborativas.