Exposición Tolerancia e Diversidade en A Coruña

Fecha 12-11-2019 a 27-11-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Exposición Tolerancia e Diversidade en A Coruña.

Unha treintena de artistas colaboran nesta exposición colectiva e solidaria, a favor de Amnistía Internacional. Ademais, o 16 de novembro, terá lugar a lectura da Declaración Universal de DDHH con representantes de varias entidades y en diferentes idiomas

A exposición TOLERANCIA E DIVERSIDADE incluirá obras de pintura, escultura e fotografía de artistas vinculados dalgún modo á Coruña. A súa temática terá como nexo común os dereitos humanos e, máis en concreto, a diversidade e a tolerancia. Con iso pretendemos transmitir ao público a importancia do respecto dos dereitos humanos nunha época como a que vivimos en que os gobernos dos Estados non adoitan manifestar unha especial preocupación pola súa observancia e mesmo moitos deles vulnéranos aberta e conscientemente.
Os valores de tolerancia e respecto á diversidade, que cimentan os dereitos inalienables das persoas, parecen ausentes ás veces ante determinados conflitos que xorden na sociedade actual en relación coa inmigración, a violencia de xénero, a diversidade funcional, a liberdade de expresión, os dereitos do colectivo LGTBI, as minorías e moitos outros. Para alientar estes valores e, en definitiva, o respecto dos dereitos que son de todas as persoas polo feito de ser persoas, son moitos aos artistas que aceptaron colaborar neste evento doando unha das súas obras.
Nesta páxina podes ver aos artistas así como unha síntese da súa biografía e as obras doadas, que poderán ser adquiridas na sala durante todo o tempo de exposición, por un precio único de 200 euros/unidade.
do 12 ao 27 de novembro,realizaranse na Sala diversas actividades, entre elas unha entrañable lectura da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a proxección de diversos videos relacionados cos valores que defendemos.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×