Noticias de Hoy
enredadas
Localidad: A Coruña
Fecha: 22/11/2018
Horario: 20:30 a 20:30

Enredadas: Martirio, Uxía, Carmen París y Ugia Pedreira en A Coruña

Enredadas: Martirio, Uxía, Carmen París y Ugia Pedreira en A Coruña.

ENREDADAS. Coplas e alalás, un espectáculo en apoio ás iniciativas do día internacional contra a violencia de xénero que terá lugar no Teatro Colón o día 22 de novembro. O jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebrar a madurez artística das catro.

Este espectáculo nace co fin de promover, fomentar e difundir a arte como encontro; estreitar o coñecemento e a experiencia destas cantoras que revisitan a copla, a jota ou os alalás. Catro mulleres que reinventaron e revolucionaron estes xéneros e lles deron unha nova vida e unha nova visión desde o risco, a experimentación e a creación de novos contidos e arranxos que entroncan co jazz e outras músicas facendo que chegue a outra audiencia.

Teñen en común moito máis do que parece a simple vista. Todas loitaron por un labor necesario de reconversión da canción popular española, da copla, do canto telúrico galego, da jota con aires tropicais… Diríase que son almas xemelgas de universos culturais diferentes, o que fará que o espectáculo sexa unha festa da música de raiz e da irmandade. Un espectáculo único que nos mostrará a catro mulleres que souberon depurarse, reinventarse a si mesmas para ofrecerse reais e verosímiles.