Noticias de Hoy
proyeccion
Localidad: A Coruña
Fecha: 19/01/2019
Horario: 20:00 a 20:00

El viaje de Carla en A Coruña

El viaje de Carla chega este sábado ao Teatro Colón da Coruña.

Proxección e debate do documental, coa súa protagonista Carla Antonelli.

Fernando Olmeda dirixe este documental que repasa a vida de Carla Antonelli, unha das máis destacadas activistas que loitan pola igualdade en España e referente nacional e internacional do colectivo LGTBI.

Trinta e dous anos despois de deixar a súa terra natal, Tenerife, Carla volve ao seu pobo despois de ter conseguido unha existencia acorde á súa identidade e xénero. Durante o documental, e o debate posterior, a actriz e activista fará balance do camiño percorrido.

Sábado 19 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña nunha proxección organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co movemento LGTBI. A entrada será libre até completar o aforo. O filme foi gañador do premio ao Mellor Documental nacional e internacional e Premio á mellor obra española en Lesgaicinemad 2014.