Noticias de Hoy
El Gran Juego de Verdi
Fecha: 15/12/2013
Horario: 12:00 a 12:00

El Gran Juego de Verdi. Ópera para niños

Ferro Teatro tráenos a ópera para nenos El Gran Juego de Verdi. Guiseppe Fortunino Francesco Verdi, o famoso compositor musical, Verdi para os amigos, verase inmerso nunha trepidante e divertida historia que suporá o comezo da súa carreira como compositor musical. Abatido e melancólico polo rexeitamento amoroso da súa amada Leonor, unha soprano moi altiva e vaidosa da que se atopaba perdidamente namorado, Verdi decide deixar a música para sempre, sen embargo, o destino tíñalle reservado outra sorte.

Serán os mozos asistentes á representación, os que lle farán comprender que o seu destino é ser un dos máis grandes compositores da historia da ópera, comporán con el a súa primeira peza, e eles mesmos a representarán para deleite do compositor. Coa escusa do conflito da soprano, Verdi falará de si mesmo aos alumnos, contaralles anécdotas e curiosidades da súa vida e de todas as súas obras, entrelazándose a trama coa interpretación de diferentes áreas de ópera como La donna è mobile de Rigoletto, E luceban le stelle de Tosca e Carmen de Bizet.

Giuseppe Verdi - Carlos Fernández.

Soprano Leonor - Cristina Zambrana.

Texto e dirección - Cristina Zambrana .

Produción - Carlos Fernández.

Arranxos musicais - Manuel Valencia.

Dirección técnica e deseño de iluminación - Mario Pachón.