Noticias de Hoy
Localidad: A Coruña
Fecha: 07/06/2019
Horario: 21:30 a 21:30

Concierto de Leilia en A Coruña

Concierto de Leilia en A Coruña.

Leilía emprende esta nova aventura cos pés postos no seu novo traballo discográfico e á vez botando a mirada ás nosas orixes e ao percorrido que levan feito xuntas, desde xa hai 30 anos.

Florece este espectáculo "CantarElas" unindo temas emblemáticos, que nos acompañaron e nos emocionaron nos directos, con temas pouco coñecidos e aos que revestiron co toque actual de Leilía. Con eles queren celebrar o seu aniversario, pechar o círculo conectando a orixe coa actualidade, pasando polas diferentes sonoridades do grupo.

Convídannos a viaxar da súa man a través das melodías, da evolución sonora, dos cambios escenográficos..., e a percorrer con elas a nosa historia, unha historia chea de fabulosos momentos grazas ao seu público, público ao que se deben e ao que queren agasallar con esta viaxe musical!