Noticias de Hoy
Garcia MC Foto
Fecha: 22/09/2018
Horario: 23:00 a 23:00

Concierto de García MC & Dj Mil + Alto Asalto

El sábado 22, a las 22:00, continúa el ciclo DOCE con la actuación de García MC & Dj Mil + Alto Asalto.  Venta de entradas anticipadas a 8€ en salamardigras.com y Cloudprint Taquilla 10€.

García Mc e Dj Mil, a volta ás orixes da Cultura Hip Hop cun Mc e un Dj man a man representando a vella escola. O referente internacional do rap en galego con 20 anos de rimas ás súas costas (Deus Ke te Crew) e o máximo expoñente do turtablism galego actualmente, unen forzas neste show único e irrepetible na Mardi Gras da Coruña para conquistar, como acostuman, a un público que non é exclusivamente amante do Hip Hop e está aberto ao mundo musical.

ALTO ASALTO toma pulo dende o máis fondo e lúgubre Hades compostelán.  Berran contra as elites e tinxen de rimas escuras as cancións bélicas que loitan contra as inxustizas e contan as vidas de quenes non o tiveron nada doado. Así MouDaFaKa e Riajos GatoPersa, coas mesturas, rañadas e picadas de pratos de Mestre Pi e a produción de  Mourone (Dios ke te Crew),  creador das atmosferas musicais, que axudan a debuxar a alma do rap hiperdimensional e fan de nexo ca criatura social que queren amosar en “Soños e Quimeras”,  xúntanse para obralo milagro. 

Todos coñecen de primeira man as trampas do mundo laboral e da política que asolagan Galiza, saen da cova para cazar o espírito primixenio do rap e vomitalo coas súas voces, a de ultratumba de MouDaFaka e a aterciopelada de Riajos GatoPersa, e mostrarlle ao mundo que a música segue a ser o xeito máis directo de chegar ao subconsciente da xente para erguelo contra as infamias.

O novo disco, “Soños e quimeras” é, ademais da creación dun novo mito, a representación cultural dunha loita que traen do inferno para deleitar a quen busca cancións para saír dunha realidade anestesiada e verse inmersos nunha guerra dialéctica que dará que falar. Rap galego e en galego para levar a terriña, Galiza, e os seus conflitos, fóra dos límites e das fronteiras que só os necios parecen respectar.