Noticias de Hoy
Belle and Sebastian
Localidad: A Coruña
Fecha: 11/08/2018
Horario: 00:30 a 00:30

Concierto de Belle and Sebastian en A Coruña. Festival Noroeste Estrella Galicia 2018

Concierto de Belle and Sebastian en A Coruña. Festival Noroeste Estrella Galicia 2018.

BELLE AND SEBASTIAN. Cun legado que percorre case tres décadas de éxitos, Belle and Sebastian gañouse un lugar na historia da música dos nosos días. Únicos e impredecibles, os de Glasgow non deixaron de recibir eloxios do público e da crítica desde que se alzaron como mellor grupo revelación nos BRIT Awards cando corría o ano 1999. E, todo isto, grazas no só aos seus discos excepcionais, senón tamén a bandas sonoras de películas de culto como Juno ou The Power Of Nightmares. Nas súas letras, nas que narran historias agridoces sobre frustracións xuvenís, case sempre en terceira persoa, apréciase unha grande carga literaria, con especial influencia de J.D. Salinger. A estética das súas portadas e os seus videoclips tamén conteñen chiscadelas aos anos 60, principalmente ao espírito e á estética da Nouvelle Vague. Aínda que o seu mellor distintivo sempre foi a facilidade de Murdoch para compoñer grandes melodías inspiradas no pop orquestrado dos 60 que practicaban grupos como The Velvet Underground ou The Left Banke e, moi especialmente, no folk pop de Donovan, Simon & Garfunkel, Love ou Nick Drake.

O seu último disco, How To Solve Our Human Problems, é unha proba máis de como Belle and Sebastian sempre está a reinventarse á caza de novos horizontes. The Times refírese ao grupo como “unha das bandas máis consistentes e irresistibles de hoxe”. Actualmente, o conxunto está integrado por Stuart Murdoch (voces, guitarra e teclados), Stevie Jackson (voces e guitarra), Chris Geddes (teclados), Sarah Martin (violín e voces), Mick Cooke (trompeta e baixo), Bobby Kildea (guitarra e baixo) e Richard Colburn (batería). Dentro da súa xira mundial este 2018, os escoceses visitan España con tres concertos únicos
confirmados polo de agora, no Primavera Sound, o FIB e o 32o Festival Noroeste Estrella Galicia. Cando? Venres 10 de agosto, a partir das 23.30 horas, na Praia de Riazor da Coruña.

O NOROESTE ESTRELLA GALICIA, UNHA CITA ÚNICA QUE EN 2018 CELEBRA A SÚA 32 EDICIÓN.

Como cada ano, A Coruña transformarase en agosto para acoller unha nova edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. Este 2018, o festival celebrarase do 7 ao 12 de agosto e contará con máis de 80 bandas e artistas que inundarán cos sons máis eclécticos -pop, rock, indie, heavy, vangarda, fado, hip hop, fusión, folk, punk, noise, canción de autor, etc.- todos os recunchos urbanos da cidade. Dentro do cartel para esta 32o edición, que segue fiel á súa aposta pola calidade, a contemporaneidade e a singularidade de todos os seus directos, están xa confirmados os nomes de Ana Curra, Aullido Atómico, Bea a de Estrella, Belle and Sebastian, BFlecha, Capsula, Carla Green & The Demons, Christina Rosenvinge, Dead Witches, Dona Rosa, Glitchgirl, Group A, Hexany, Honeymoon Disease, Kabbalah, Laetitia Sadier Source Ensemble, Maria Arnal i Marcel Bagés, Mordem, Morgan, Mueran Humanos, Nathy Peluso, Oh!Mega, Playa Desmayo, Rocío Márquez, The Big Lis Gumbo Band, The Devils, The Lákazans, The Limboos, Wondermind y ZA!

O Festival Noroeste Estrella Galicia é unha cita musical única en España, que ofrece un programa atractivo de concertos gratuítos ao aire libre e que cada ano reúne unha media de 60.000 persoas. Considerado como un dos eventos musicais máis imprescindibles do verán no norte peninsular, o Noroeste está organizado polo Concello da Coruña e conta coa colaboración especial de Estrella Galicia. Un ano máis, o Noroeste Estrella Galicia apostará polas bandas locais e galegas e buscará ser o reflexo dunha cidade moderna e fundamentalmente musical. Da súa man, A Coruña abrirase a novos camiños, a novas maneiras de facer e de mirar, consolidándose coma un reclamo de turismo experiencial, contemporáneo e singular. Fiel á filosofía que ven caracterizando ao festival nas súas últimas edicións, o Noroeste Estrella Galicia manterá en 2018 o seu carácter urbano e aos 15 escenarios que deron cabida aos concertos en 2017 -a Praia de Riazor, o Castelo de Santo Antón, a Praza de San Nicolás, a Fundación Luís Seoane, a Casa Museo Casares Quiroga, o Campo da Leña, a Praza das Bárbaras, as rúas de Torreiro ou Capitán Troncoso e o Parque do Paseo das Pontes, entre outros- sumaranse novas localizacións para ofertar ao público novas experiencias e novas formas de interactuar coa cidade a través da música.

En 2018, o Noroeste Estrella Galicia repetirá a súa aposta por ofrecer ciclos de programación para todo tipo de públicos a diferentes horas do día e da noite. Na súa 32o edición contará de novo con sesións matinais (para ampliar a experiencia da cidadanía tamén no mediodía, da man de bandas con pegada da escena galega e estatal) e o Ciclo Selección Noroeste (con directos exclusivos en teatros e recintos a cuberto da cidade). O Mercado da Colleita, de Hijos de Rivera, celebrarase de novo en paralelo á súa sesión de música dominical. O Concello da Coruña e Estrella Galicia continúan a súa colaboración trala firma en 2016 dun convenio institucional relativo á programación cultural que se pode gozar na cidade e que ten como máximo expoñente ao Noroeste. Ademais, o festival contará co apoio de Cuac FM e Desconcierto Cultural.