Noticias de Hoy
Fecha: 17/04/2021
Horario: 20:30 a 20:30

Concerto de Silvia Penide

Como calquera artista, Silvia Penide está desexando subir de novo a un esceario xunto coa banda coa que leva xa duas xiras. Carla López ao Piano, Paul Álvarez á guitarra e Bruno Couceiro á batería estarán no Teatro Colón da Coruña o día 17 de abril arropando a presentación do disco "Los días de plomo" onde logrou a colaboración con Víctor Manuel na canción El Efecto Boomerang. O concerto será ás 19:30 horas e as entradas están xa dispoñibles dende a web do Teatro Colón

Ademáis, acaba de ver a luz un documental no que participou en 2020 aportando unha canción dende o entorno do antigo balneario de A Cortogada. O proxecto "Cavaquiño" (nome tradicional do Ukelele) no que participaron artistas galegos e portugueses: Brais de Momboi, Astrogirl, a propia Silvia... Un percorrido por rutas fermosas coa música e ese instrumento como nexo de unión.

E como estar activos é algo que manten vivos aos artistas, unha nova alianza xunto a Xosé Iglesias, mariñeiro, poeta e artista polifacético, está a piques de ver a luz. Un vídeopoema co un dos textos que Silvia escribiu durante o confinamento e que está incluido no disco. Trátase de Porta Aberta e está rodado na praia de Riazor, nas rochas que Silvia visitaba de nena coa súa avoa.