Noticias de Hoy
Fecha: 20/12/2020
Horario: 19:30 a 19:30

Concerto das Tanxugueiras en Cercerda

Auditorio municipal de Cerceda.

Tanxugueiras despide o ano como comezou: presentando ao vivo o seu segundo traballo discográfico, Contrapunto. Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro actualizan a súa axenda de concertos con tres novas datas en Narón, Cerceda e Santiago de Compostela; citas nas que o trío amosará a súa aposta e pegada pola renovación da creación colectiva. 

A primeira cita terá lugar o venres 11 de decembro no Pazo de Cultura de Narón, na que unha vez máis as cantareiras mostrarán sobre o escenario a enerxía e contundencia do seu directo. As entradas para a actuación, que comezará ás 20.30 horas, pódense adquirir no propio despacho de billetes do recinto. De cara á fin de semana seguinte, Tanxugueiras dará a coñecer éxitos como Desposorio, Perfidia ou O querer na localidade coruñesa de Cerceda. Será o venres 20 no auditorio municipal, ás 19.30 horas, e as entradas poderanse reservar nos vindeiros días. 

Finalmente, en formato acústico, Tanxugueiras pechará o ano cunha sesión en Santiago de Compostela, cidade na que encheron a Sala Capitol o pasado mes de febreiro e a praza da Quintana no mes de xullo, no marco do TradFest. Desta quenda, a cita será o sábado 19 de decembro no Mercado da Estrela, ás 17.00 horas. As entradas para a sesión, que terá lugar na pista cuberta do Centro Don Bosco, xa están esgotadas.