Concurso de beléns

Fecha 20-11-2020 a 27-11-2020
Lugar
0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Online.

O Concurso de beléns de Afundación, un referente na tradición cultural do Nadal en Galicia que este ano cumpre a súa edición número 55, cambia o seu formato para adaptarse ás novas condicións de seguridade sanitaria no contexto da pandemia do coronavirus. Así, nesta ocasión, os participantes non montarán as súas creacións na sala de exposicións do Teatro Afundación, como viña sendo habitual, senón que achegarán as fotografías dos beléns realizados que servirán ao xurado para outorgar os diferentes premios e se mostrarán posteriormente a través dunha exposición virtual. Afundación Afundación valorará, en función das circunstancias, a posibilidade de organizar unha mostra presencial coas fotografías presentadas. 

As inscricións para participar pódense formalizar desde aquí e o prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 27 de novembro. Poderá participar calquera persoa ou colectivo, podendo presentar só un belén por cada inscrición, tal e como se especifica nas bases desta edición. Para a elaboración das obras pódese utilizar calquera tipo de material e deberán montarse sobre unha superficie ríxida de, aproximadamente, un metro cadrado.

Outra das novidades desta edición é a clasificación dos galardóns en diferentes categorías: «mellor execución», «maior orixinalidade» e «maior claridade na mensaxe solidaria»; en cada unha destas tres categorías entregarase un premio en concepto de gañador e outro en concepto de finalista. Como en anos anteriores mantense a categoría para colectivos de menores de 16 anos.

Un xurado valorará a principios do mes de decembro todos os traballos presentados, prestando especial atención á adecuación dos beléns ás categorías mencionadas.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×