Noticias de Hoy
morcheeba
Fecha: 23/11/2018
Horario: 21:00 a 21:00

Ciclo Voices 2018: Concierto de Morcheeba en Pontevedra

Morcheeba pechará o Ciclo Voices co seu concerto o venres 23 de novembro no Pazo.

Tras o paso de Jorge Drexler o pasado mes de xaneiro, unha das bandas históricas do son trip-hop inglés, ‘Morcheeba’, únese a este cartel de luxo, actuando o venres 23 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra para presentar o seu novo álbum Blaze Away.

Ademais, o sábado 27 de outubro, Voices traerá a Jane Birkin coa súa especial proposta Jane Birkin sings Gainsbourg Symphonique, unha homenaxe ao compositor máis celebrado de Francia en mans da delicada e melodiosa voz de quen fora a súa parella. Birkin contou coa colaboración do compositor e pianista xaponés Nobuyuki Nakajima e, en Pontevedra, estará tamén acompañada pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a batuta do director Javier Viceiro-Filgueira xa que, como comentou a concelleira, “a nosa intención e que estes concertos de grupos de moito tirón, internacionalmente recoñecidos que atraen numeroso púbico, sexan tamén escaparate para a nosa xente. Con Drexler contamos con Cora Sayer, con Birkin a OFCP e pretendemos que Marcelo Bodode será o teloneiro deste último” Morcheeba achegará o seu disco ‘Blaze Away’ que saíu á luz o pasado 1 de xuño BLAZE AWAY, que saíu á luz o próximo 1 de xuño. Será tal e como destacou Montilla, que pase por Pontevedra nunha xira que tocará Madrid, Barcelona e Bilbao é tamén unha oportunidade de captar no ciclo públicos foráneos de toda Galicia e o norte de Portugal.

Neste disco, que está a ter moi boas críticas, recupérase a Morcheeba dos primeiros
anos, o que todo o mundo coñecía e polo que a xente se fixo fan desta banda” Poucos grupos como Morcheeba teñen brillado tanto desde mediados dos anos noventa, cando xurdiron na escena do trip hop, unindo a música electrónica con funk, soul e jazz. As súas composicións seguen a transportarnos a esas paraxes exóticas tan características da banda. O seu ADN segue a ser ese downtempo atravesado por sucos de trip-hop, deixes africanos, e riffs de guitarras e sons de sitar coroados pola voz íntima de Skye. Unha banda moi persoal, difícil de clasificar e que co paso dos años conseguiu facerse un oco no corazón dos seus seguidores, aportando a partes iguais un profundo pozo de melancolía e outro de optimismo.

Tal e como se fixo con Drexler e de cara a premiar ao público que se fixo no seu momento
o abono para os 3 concertos (cando só se coñecían dous dos nomes), dende I-radia están a traballar por que se leve a cabo algún encontró e actividade paralela a estes concertos.

As entradas están á venda en Ticketea e na Casa da Luz, a partir de 15€.

JANE BIRKIN SINGS GAINSBOURG SYMPHONIQUE. Tras case unha década de silencio (discograficamente falando) e aos seus espléndidos 70 años, Jane Birkin volve cantar a Serge Gainsbourg no seu novo álbum, Birkin / Gainsbourg – Le Symphonique, editado a pasada primavera. Nel reinterpreta, xunto a unha orquestra sinfónica de 90 instrumentos, o repertorio que no seu día lle legou o pai da súa filla Charlotte. Birkin / Gainsbourg – Le Symphonique inclúe cancións como From L'Anamour, Lost Song ou La Javanaise, temas que Birkin leva cantando desde 1969, cando o lendario poeta compuxo o primeiro álbum para ela, Serge Gainsbourg / Jane Birkin.

No outono de 2018, Birkin chegará ao Pazo da Cultura de Pontevedra grazas ao Ciclo Voices para presentar o concerto Jane Birkin sings Gainsbourg Symphonique, na que, polo de agora, é a única data confirmada pola artista en España. O directo foi eloxiado pola crítica internacional como “un proxecto fascinante que serve como testemuña do amor de Gainsbourg por Brahms e Chopin” (Sunday Times).

335056_description_ticketea1