Carreira das Praias 2016 en Barreiros

Fecha 8-05-2016
Hora 11:00
Lugar
0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Carreira-das-Praias-2016

Carreira das Praias 2016.

Para o próximo 8 de maio de 2016 e a partir das 11 h. celebraremos a IV edición da Carreira popular das praias.

Como somos un grupo de cabezas inquedas, para esta edición decidimos facer un novo percorrido para os adultos.

Por un lado mantemos o percorrido tradicional, ó que lle chamaremos L, cunha distanza de 11 km. e por outro lado, este ano metemos outro novo, ó que chamaremos XL, cunha distanza de 17 km.

Con este novo percorrido, pasaremos por toda-las praias marítimas do Concello de Barreiros, xa que chegaremos á praia de Arealonga, pasando pola das Pasadas.

Así os participantes poderán escolle-lo percorrido que mellor se adapte ás suas cualidades.

Comentar que a saida será conxunta e que o tramo L é común para os dous percorridos.

Nas bases da carrera e na pestaña dos circuitos tedes toda a info.

O percorrido XL recoméndase para persoas que estén nunha boa condición física, xa que ós 17 km, gran parte pola area, temos que sumar que hai que facer varias subidas e baixadas por camiños de pescadores, sen ningún risco, pero para o que se require estar ben físicamente.

As carreiras infantís seguirán sendo na praia de Altar e con varias distanzas según as categorías.

Agardamos esta novidade sexa do voso agrado e nos acompañedes o 8 de maio, nunha das carreira máis fermosas nas que se pode participar.

NORMAS BÁSICAS
Saida e meta: Punta Anguieira – San Bartolo – Barreiros. Diante Hotel Ría do Masma.
Carreiras infantiles: 11 h.
Carreiras adultos: 11.45 h. Daranse simultaneamente as saidas da carreira L e XL.
Entrega de trofeos: 13.30 h.
Recollida de dorsales: A partir das 9.30 h.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×