Noticias de Hoy
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 20/03/2019 a 23/03/2019

Atlántica 2019 en Lugo. Festival Internacional de Narración Oral

Atlántica 2019 en Lugo. Festival Internacional de Narración Oral.

Un vello refrán baionés chámanos á acción. As estrelas a brillar, mariñeiros para o mar. Esta chamada á acción noitarega encheu as costas do Atlántico durante milenios. Homes e nenos montando nas súas embarcacións de pau e adentrándose nun mar duro e impredecible, en plena noite fría, empapados coa luz das estrelas, na procura do seu sustento, ás veces submarino, outras en portos distantes. Agora é tempo de estrelas que brillan na noite. É tempo de botarse de novo ao mar.

Robert MacFarlane explica no seu fermoso libro The Old Ways os sendeiros imaxinarios que percorren o Atlántico europeo, das Hébridas ata Galicia, e dá conta de cal era o material máis valioso traficado entre os portos da ribeira: as historias, as infinitas variantes dos contos, levados por todos os brazos da bitácora, de norte a sur, de leste a oeste e de volta.

O festival Atlántica concibe a Galicia toda coma un porto de mil cincocentos quilómetros de pantalán, no que atracarán contadores de historias dos países que beirean o Océano Atlántico. Nestes anos contacontos de Portugal, Uruguai, Arxentina, Irlanda, Camerún, Brasil, Inglaterra, Francia… países vinculados todos eles ao mar e que fixeron do mar un dos seus máis fortes selos de identidade, chegaron a nosa terra. Galicia é coma o capacho no que se recollen as historias que van e veñen por este mar.

Atlántica 2019. Festival de Historias e Contos. Unha programación chea de historias para alumear o mundo dos nenos e a todas aquelas persoas que levan no corazón un recuncho onde aniñan os contos e lendas. Un momento de saír a escoitar, porque na noite escura sempre brillan as estrelas.

Adicado a Xabier Docampo, o primeiro “si” do Festival Atlántica

Programa adultos

Martes 12 de marzo de 2019

21:00. Por unha peseta. Cía. A Patacón -Rilo & Díaz. Borriquita de Belem (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Vero Rilo

 
Mércores 13 de marzo de 2019

21:00. Gala Inaugural: Leilía Atlántica. Espectáculo en galego | Dirección Escénica: Quico Cadaval. Teatro Principal (SANTIAGO DE COMPOSTELA) María da Pontragha, José Luis Gutiérrez ‘Guti’, Celso F. Sanmartín, Soledad Felloza

 
Xoves 14 de marzo de 2019
18:30. Cunqueiro en Compostela. Contos nas rúas e tabernas (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
21:00. Noite nova -Novas voces da narración galega- Con Cris de Caldas, Lorena Pinheiro, Esteban Yañez e Dani Blanco.

Sala Riquela (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Cris de Caldas

20:30. Contos tradicionais do Xapón. Centro Cultural Torrente Ballester (FERROL) Yoshi Hioki

20:30. Vellos contos de novo. Museo Municipal Ramón María Aller (LALÍN) Pep Bruno

 
Venres 15 de marzo de 2019
18:00. Morte en Compostela. Antigos recintos funerarios. Contos nas rúas e cemiterios. SANTIAGO DE COMPOSTELA
20:30. Vellos contos de novo. Centro Cultural Torrente Ballester (FERROL) Pep Bruno

21:00. Vai por elas (Maricuela) | Contar (Celso F. Sanmartín) Centro Xove da Almáciga (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Maricuela, Celso F. Sanmartín

 
Sábado 16 de marzo de 2019
21:00. Vellos contos de novo (Pep Bruno) e Contos das mulleres do Oeste (Guti) Teatro Principal (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Pep Bruno, José Luis Gutiérrez ‘Guti’
21:00. Os inocentes. Auditorio de Ferrol (FERROL) Quico Cadaval

21:00. Contos tradicionais do Xapón. Círculo de Recreo-Casino de Lalín (LALÍN) Yoshi Hioki

 
Mércores 20 de marzo de 2019

20:30. Contar (Día internacional da Narración Oral) Centro Cultural O Vello Cárcere (LUGO) Celso F. Sanmartín

 
Xoves 21 de marzo de 2019
20:00. Contos pouco edificantes (Pablo Albo) | Palabras na boca (Raquel Queizás) Salón de actos de Os Chaos (A FONSAGRADA) Pablo Albo, Raquel Queizás
20:00. Contos populares do Xapón (Yoshi Hioki) | Lavandeiras (Vero Rilo) Sala Multiusos da Casa do Concello (VIVEIRO) Yoshi Hioki, Vero Rilo

20:30. Contos do que non hai (María da Pontragha) | Nas Corripas da memoria (Lois Pérez) Centro Cultural O Vello Cárcere (LUGO) María da Pontragha, Lois Pérez

 
Venres 22 de marzo de 2019
19:30. Contos populares do Xapón (Yoshi Hioki) | Lavandeiras (Vero Rilo)Centro Cultural O Vello Cárcere (LUGO)Yoshi Hioki, Vero Rilo
20:00. Contar (Celso F. Sanmartín) | O comezo do mundo (Sole Felloza)Casa da Cultura "Poeta Lois Pereiro" (Monforte de Lemos)Celso F. Sanmartín, Soledad Felloza
20:00. Contos pouco edificantes (Pablo Albo) | O medo é libre (Ángeles Goás) Casa Habanera (GUITIRIZ) Pablo Albo, Ángeles Goás
 
PROGRAMA INFANTIL
 
Martes 12 de marzo de 2019

18:00. Na miña mochila traio contos. Libraría Follas Novas (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Pep Bruno

Mércores 13 de marzo de 2019

13:00. Contos da Ilha. Auditorio do Concello (PAZOS DE BORBÉN) Sofia Maul

Xoves 14 de marzo de 2019
11:00. Cans, deporte, mocidade e cidade. IES Eduardo Pondal (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Iñaki Carretero
12:45. Chapéus há muitos e amores também! IES Cacheiras (TEO) Sofia Maul
18:00. Na miña mochila traio contos. Museo Municipal Ramón María Aller (LALÍN) Pep Bruno

18:00. Contos tradicionais do Xapón. Biblioteca Municipal (FERROL) Yoshi Hioki

 
Venres 15 de marzo de 2019
10:00. Cans, deporte, mocidade e cidade. IES Rosalía de Castro (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Iñaki Carretero
10:00. Os contos do meu baúl. CEE López Navalón (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Cris de Caldas
10:00 e 12:00. A Bela Dormente. Auditorio de Galicia-Sala Mozart (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Pepepérez
13:00. Contos de Lilith. Auditorio do Concello (PAZOS DE BORBÉN) Cris de Caldas
18:00. Na miña mochila traio contos. Biblioteca Municipal (FERROL) Pep Bruno
18:00. Romería. Centro Cívico de Meixonfrío (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Raquel Queizás
18:00. Contos populares do Xapón. Centro Cívico das Fontiñas (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Yoshi Hioki
18:00. Animaladas. Centro Cívico de Vite (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Laura Escuela
18:00. Os cans tamén contan. Centro Cívico do Ensanche (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Iñaki Carretero
18:00. O coleccionista de palabras. Centro Cívico de Pontepedriña (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Pepepérez
18:00. Historias de don Guti. Centro Cívico de Vite (SANTIAGO DE COMPOSTELA) José Luis Gutiérrez ‘Guti’

19:15. Cun ollo aberto... Centro Cívico de Conxo (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Ramiro Neira

Sábado 16 de marzo de 2019
12:00. A viaxe de Nano. Museo Municipal Ramón María Aller (LALÍN) Raquel Queizás
12:00. Historias de risa sen présa. Centro Cultural Torrente Ballester (FERROL) Maricuela
12:00. Chove. Museo do Pobo Galego (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Fátima Villamel.
12:00. Historias que atopei nos libros. Biblioteca Pública Ánxel Casal (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Iñaki Carretero
12:00. Vermú de contos. Narradores e narradoras do festival contarán polas rúas da zona vella. Praza de Cervantes e rúas da contorna (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Ángeles Goás, Sofia Maul, Vero Rilo
17:00. En Compostela, os cans tamén contanParque Eugenio Granell (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Iñaki Carretero.
18:00. A Bela Dormente. Coa Banda Municipal de Música de Santiago. Teatro Principal (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Pepepérez
18:00. Bebecontos. Centro Cívico de Santa Marta (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Laura Escuela

18:00. Historias de risa sen présa. Biblioteca Pública do Grilo (TEO) Maricuela

Domingo 17 de marzo de 2019
12:00. Contos para viaxar ao Xapón. Círculo de Recreo-Casino de Lalín (LALÍN) Yoshi Hioki

17:00. En Compostela, os cans tamén contan. Parque Eugenio Granell (SANTIAGO DE COMPOSTELA) Iñaki Carretero

Mércores 20 de marzo de 2019
12:15. Un,dous e tres! Contos ao revés. CEIP Rosalía de Castro (LUGO)
17:30. Contos para viaxar a Xapón (Yoshi Hioki) | Contos, lerias e cousas pequenas (Vero Rilo) Sala Multiusos da Casa do Concello (VIVEIRO) Yoshi Hioki, Vero Rilo

18:00. Contos de medo que dan risa. Biblioteca Municipal (LUGO) Pablo Albo

Xoves 21 de marzo de 2019
17:30. Contos de medo que dan risa (Pablo Albo) | Romaría (Raquel Queizás) Salón de actos de Os Chaos (A FONSAGRADA) Pablo Albo, Raquel Queizás

17:30. Contos para viaxar a Xapón (Yoshi Hioki) | Contos, lerias e cousas pequenas (Vero Rilo) Sala Multiusos da Casa do Concello (VIVEIRO) Yoshi Hioki, Vero Rilo

Venres 22 de marzo de 2019
17:30. Contos para viaxar a Xapón (Yoshi Hioki) | Contos, lerias e cousas pequenas (Vero Rilo) Biblioteca Municipal (LUGO) Yoshi Hioki, Vero Rilo
17:30. Contar (Celso F. Sanmartín) | O comezo do mundo (Sole Felloza) Celso F. Sanmartín, Soledad Felloza
17:30. Contos de medo que dan risa (Pablo Albo) | Contos de hai mil anos... ou máis (Ángeles Goás) Casa Habanera (GUITIRIZ) Pablo Albo, Ángeles Goás.
 
Sábado 23 de marzo de 2019
11:30. Unhas gafas como as do avó. MIHL - Museo Interactivo da Historia de Lugo (LUGO)
17:30. Contos para viaxar a Xapón (Yoshi Hioki) | Contos, lerias e cousas pequenas (Vero Rilo). Sala Multiusos da Casa do Concello (VIVEIRO) Yoshi Hioki, Vero Rilo