Atlántica 2018. Festival Internacional de Narración Oral

Fecha 13-03-2018 a 18-03-2018
Lugar
0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Atlántica 2018. Festival Internacional de Narración Oral.

Un ano máis e xa van seis. Atlántica, o Festival Internacional de Narración Oral, sae a navegar polo mar das historias.

Este ano coincidindo co aniversario da visita de Xulio Verne e coa creación do primeiro submarino galego por parte de Sanjurjo Badía, a nosa imaxe non podía ser outra.

Volvemos co abraio dunha nena ou neno que por primeira vez mete a cabeza baixo a auga e descobre que o mundo é aínda meirande do que pensaba. Así toda a tripulación de Atlántica surca mares novos. Territorios inexplorados, palabras estrañas, melodías nunca escoitadas.

Convidamos a ocupar un lugar detrás de cada ollo de boi, ou a coller o periscopio, para non perder detalle desta travesía. Non fai falta conter o aire, porque levamos os depósitos cheos do mellor osíxeno do mundo, a ilusión.

Nas profundidades escoitaremos historias de illas, de papaventos, de casas encantadas, de animais mitolóxicos, historias de terras distantes e de aquí á volta de casa, romances e versos de mulleres que debuxan poesía coas súas mans, naufraxios e naufrexios, cantos esquencidos, medos inmensos, risas que debuxan ronseis no mar, contos para celebrar a nosa memoria e identidade atlánticas, como un patrimonio de incalculable valor.

Se atopan un señor que nos sorrí con dozura, un señor de blusa que fai xogo cos seus ollos claros, saúdeno : é Tim Bowley, o noso Berobreo nas inmensidades azusis, que xa é o noso gardián eterno.

13 de marzo. Martes.

  • Amores hai moitos… ata nas illas. Sofia Maul (Madeira)
    13.00 h | Auditorio do Concello (PAZOS DE BORBÉN) | Gratuíto
    Alumnos 3º a 6º de Primaria + Usuarios Asociación Aspavi | En portugués
  • Noite de medo. Artistas do festival + Grupo de Narración Oral da Almáciga
    Con mantiñas (podes traer a túa) e caldo quentiño
    22.30 h | Xardín do Pazo de Amarante (SCQ) | 6 €
    Público adulto | Varias linguas
    Acceso polo portón da Praza Salvador Parga. En caso de choiva, a actividade trasládase ao Espazo de Arte Mareiras (Preguntoiro, 9)

14 de marzo. Mércores.

  • Mulheres que ensaboam palavras. Tâmara Bezerra (Brasil)
    11.30 h | IES Cacheiras (TEO)
    Alumnado do Centro | En brasileiro
  • Gala inaugural
    Con Boniface Ofogo, Tâmara Bezerra, Nono Granero, Laura Escuela, Marian Colina, Lois Pérez, Paula Carballeira, Celso F. Sanmartín, Quico Cadaval, Avelino González, María da Pontragha, Ángeles Goás e Soledad Felloza.
    20.30 h | Teatro Principal (SCQ) | 10 €
    Público Adulto | Varias linguas

15 de marzo. Xoves.

  • Compostela Negra. Manuel Gago (Galicia)
    Reserva plaza en festivalatlantica@gmail.com
    18.00 h | (SCQ) | 6 €
    Público adulto | En galego
  • A fame contada. Angeles Goás (Galicia)
    20.00 h | Riquela Club (SCQ)| 6 €
    Todos os públicos | En galego
  • Contar cos amigos. Nono Granero (Úbeda, Jaén)
    22.00 h | Riquela Club (SCQ)| 6 €
    Público adulto | En castelán
  • Bichos brasileiros. Tâmara Bezerra (Brasil)
    18.00 h | Biblioteca Municipal (FERROL) | Gratuíto
    Público infantil (3 a 8 anos) | En brasileiro e castelán
  • Mulheres que ensaboam palavras. Tâmara Bezerra (Brasil)
    20.30 h | Centro Torrente Ballester (FERROL) | Gratuíto
    Público adulto | En brasileiro
  • Candideces. Cándido Pazó (Galicia)
    20.30 h | Auditorio (VIGO) (Espazo a confirmar)| Gratuíto
    Público adulto | En galego

16 de marzo. Venres.

  • As gafas do Avó. Caxoto (Galicia) e Gema Santos (Madrid-Galicia)
    Espectáculo con voz e lingua signada
    10.30 h | CEE Manuel López Navalón (SCQ) | Gratuíto
    Alumnado do Centro
  • Toda mulher tem a cabeça cheia de historias. Tâmara Becerra (Brasil)
    13.00 h | Auditorio do Concello (PAZOS DE BORBÉN) | Gratuíto
    Alumnos 3º a 6º de Primaria + Usuarios Asociación Aspavi | En brasileiro
  • A Almáciga: cando as periferias explican o mundo. Manuel Gago (Galicia)
    Reserva no propio Centro, no 681 601 960 ou en centros@serviplus.org
    18.00 h | Centro Xove da Almáciga (SCQ) | Prioridade mozos e mozas de 14 a 35 anos
  • O pozo das señoras. Rilo & Penadique (Galicia)
    18.00 h | Centro Civico do Romaño (SCQ) | Gratuíto
    Para todos os públicos | En galego
  • Os Contos do Asombrajo. Nono Granero (Jaén)
    18.00 h | Centro Cívico Pontepedriña (SCQ) | Gratuíto
    Para todos os públicos | En castelán
  • Que animalada!. Laura Escuela (Tenerife)
    18.30 h | Centro Cívico das Fontiñas (SCQ) | Gratuíto
    Para todos os públicos
  • A casa de Carmeta. Almudena Francés (Valencia)
    19.15 h | Centro Civico de Conxo (SCQ)| Gratuíto
    Para todos os públicos
  • Viaxes de ida e volta. Marian Colina (Madrid)
    Historias de nós tamén naufregar. Lois Pérez (Galicia)
    20.30 h | Centro Xove da Almáciga (SCQ) | Gratuíto
    A partir dos 15 anos | En castelán e galego
  • O Leon Kaandinga. Boniface Ofogo (Camerún)
    18.00 h | Biblioteca Municipal (FERROL) | Gratuíto
    Público infantil (3 a 8 anos) | En castelán
  • Contos eróticos Africanos. Boniface Ofogo (Camerún)
    20.30 h | Centro Torrente Ballester (FERROL) | Gratuíto
    Público adulto | En castelán
  • Contos e papaventos. Noelia Carioca (Salamanca)
    18.00 h | Biblioteca Municipal Varela Jácome (LALÍN) | Gratuíto
    Todos Os Públicos | En castelán
  • A poética das mans femeninas nas historias. Obradoiro con Tâmara Bezerra
    Dirixido ao alumnado do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo e interesados no mundo dos contos
    17.00-19.00 h | Escola de Idiomas (VIGO) | Gratuíto
  • Mulheres que ensaboam palavras. Tâmara Bezerra (Brasil)
    19.30 H | Biblioteca Neira Vilas (VIGO) | Gratuíto

17 de marzo. Sábado.

  • Bebecontos. Laura Escuela (Tenerife, Canarias)
    12.00 h | Biblioteca Anxel Casal (SCQ) | Gratuíto
    Público Infantil (0 a 3 anos) | En castelán
  • Mira, contos para mirar e para escoitar. Fátima Villamel (Galicia)
    Espectáculo con voz e lingua de signos
    12.00 h | Museo do Pobo Galego (SCQ) | Gratuíto
    Todos os públicos
  • Contos de mar e olivos. Sofia Maul (Madeira) e Nono Granero (Jaén)
    12.00 h | Biblioteca Pública Miguel González Garcés (A CORUÑA) | Gratuíto
    Todos os públicos | En castelán e portugués
  • Contos e papaventos. Noelia Carioca (Salamanca)
    12.00 h | Biblioteca Pública (OURENSE) | Gratuíto
    Todos os públicos | En castelán
  • Bichos Brasileiros. Tâmara Bezerra
    18.00 h | Sala Agustín Magán, Centro Cívico de Santa Marta (SCQ) | Gratuíto
    Todos os públicos | En brasileiro
  • Animaladas. Laura Escuela (Tenerife)
    18.00 h | Axencia de Lectura Municipal Os Tilos (TEO) | Gratuíto
    Todos os públicos | En castelán
  • A historia estravagante de Hipo&Gavante. Nono Granero (Jaén) e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela
    18.30 h | Teatro Principal (SCQ) | Gratuíto
    Todos os públicos | En castelán
  • Entre romances e contos. Gala de clausura. Victoria Gullón (Zamora) e María da Pontragha (Galicia)
    21.00 h | Teatro Principal (SCQ) | 10 €
    Público adulto | En castelán e galego

20 de marzo. Martes

  • O Leon Kaandinga. Boniface Ofogo (Camerún)
    18.00 h | Museo Municipal Ramón María Aller (LALÍN) | Gratuíto
    Público infantil (3 a 8 anos) | En castelán
  • Contos eróticos Africanos. Boniface Ofogo (Camerún)
    20.30 h | Museo Municipal Ramón María Aller (LALÍN) | Gratuíto
    Público adulto | En castelán

21 de marzo. Mércores

  • Contos de contrabando. Avelino González (Galicia)
    20.30 h | Círculo de Recreo Casino de Lalín (LALÍN) | Gratuíto
    Público adulto | En castelán

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×