Asalto ao Castelo de Vimianzo 2016

Fecha 18-06-2015 a 3-07-2016
Lugar
3 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 3 Pin It Share 0 LinkedIn 0 3 Flares ×

cartel-asalto-2016

O Asalto ao Castelo de Vimianzo é unha festa que se foi dimensionando e agora mesmo consta de moitas actividades, aínda que o prato forte é a representación teatral que recrea as Revoltas Irmandiñas que tiveron lugar en toda Galicia e, particularmente, no Castelo de Vimianzo no século XV, onde o pobo se levantou en masa contra o poder abusivo dos señores feudais. Non pode faltar a música en toda festa que se preste, e antes e despois da representación os asistentes gozarán de concertos para todos os gustos.

Programa do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2016

SÁBADO 18 DE XUÑO
19:30 | II Olimpíadas Irmandiñas (Praza Concello-Castelo)
21:00 | II Legua Irmandiña (Praza Concello-Castelo)

SÁBADO 25 DE XUÑO
á tardiña | Reivindicación do Castro das Barreiras (Castro das Barreiras)

| Xuntanza Musicada
| Cerimonia do Tótem
| Gran torneo de fútbol gaélico

LUNS 27 DE XUÑO
10:00 a 13:00 e 17:00 e 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)

MARTES 28 DE XUÑO
10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)
12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario minimo) | IX PINCHOS IRMANDIÑOS

MÉRCORES 29 DE XUÑO
10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)
12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 | Pincho doce Ariete Irmandiño: Chuscake (Stand Praza do Concello)
12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario minimo) | IX PINCHOS IRMANDIÑOS

XOVES 30 DE XUÑO

19:00 a 23:00 | Foliada: A. C. Trubisquiña (Rúa)
20:00 | Espazo artístico itinerante (Rúa)

VENRES 1 DE XULLO
10:00 a 21:30 | IV CONCURSO DE FACHADAS (Vila)
10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)
12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 | Pincho doce Ariete Irmandiño: Chuscake (Stand Praza do Concello)
12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario minimo) | IX Pinchos Irmandiños
20:00 | Espazo artístico itinerante (Rúa)
21:30 | VII Cea Medieval (Foso do Castelo)
01:00 | Portas abertas. Concerto Folk: Quempallou (Foso do Castelo)

Con máis de 12 anos de traxectoria ás costas e considerado como unha das bandas máis representativas do folk galego, este grupo con orixe en Incio e nas Rías Baixas fará bailar a todo aquel que estea presente. Desenvolvendo ritmos tradicionais cun toque de frescura levan a festa por bandeira sen esquecer o seu compromiso social.

SÁBADO 2 DE XULLO
MAÑÁ
10:00 a 19:00 | IV CONCURSO DE FACHADAS (Vila)
10:00 a 20:30 | VI Feira Artesanal (Praza do Concello)
10:00 a 20:30 | Exposición permanente sobre armas e armaduras na Idade Media: Sala de Armas San Martiño de Ozón (Praza do Concello)
10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 | Pincho doce Ariete Irmandiño: Chuscake (Stand Praza do Concello)
11:00 a 13:00 | Xogoflexia. Obradoiros infantís. Clases de esgrima histórico para nenos+torneo (Praza do Concello)
12:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00 (horario mínimo) | VIII PINCHOS IRMANDIÑOS
13:00 | Visita guiada TEATRALIZADA: Manuel Rial e IES Terra de Soneira (Castelo)
13:00 | Baile tradicional infantil: A. C. Trubisquiña (Praza do Concello)
13:30 | Baile galego: Foliada de Salto e Airiños do Río Grande (Praza do Concello)
13:30 | Improvisación en verso (Pasabares) – Regueifeiros
13:30 | Espazo artístico Itinerante (Rúa)

TARDE
IV CONCURSO DE FACHADAS (Vila)
VI Feira Artesanal(Praza do Concello)
Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
VIII PINCHOS IRMANDIÑOS
Pincho doce Ariete Irmandiño: ChusCake (Stand praza do Concello)
15:30 | Contacontos: Mitoloxía, contos e lendas populares (Praza do Concello)
16:30 a 18:00 |ASALTIÑO
16:30 | Taller de elaboración de traxes (Praza do Concello)
17:00 | Concentración de tropa (Praza da Igrexa)
17:15 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)
17:30 | Taller interactivo sobre armas e armaduras na Idade Media: Sala de Armas San Martiño de Ozón (Praza do Concello)
18:00 | Visita guiada TEATRALIZADA: Manuel Rial e IES Terra de Soneira (Castelo)
18:30 | Concurshow Traxes Medievais (Praza do Concello)
19:15 | Fallo do IV Concurso de Fachadas (Praza do Concello)
19:30 | III Irmandade Parroquial (Praza do Concello)
20:15 | Izado da bandeira irmandiña (Praza do Concello)
20:30 | Danza étnica (Costa de Marfil): Coro Saint Luc de Banabakintú (Praza do Concello)
20:30 | Circuíto musical: A. C. Trubisquiña (Rúa)
20:30 | Circuíto musical: Kosoko Nasera (Rúa)
20:30 | Circuíto musical: Fol Siniestro (Rúa)
20:30 | Circuíto musical: Medio Quinhón (Rúa)

NOITE
20:30 | CEA
22:00 | Ses
Igual que o lume prende nun facho, o ritmo prende no público coa música desta cantautora coruñesa. Rock, blues, baladas… Ses virá cargada de enerxía para revolucionar a vila igual que revolucionou o panorama musical galego. A crítica social que esconden as súas letras non pode pegar máis coa celebración á que asiste.

23:30 | ASALTO AO CASTELO
Os nobres continúan oprimindo a comarca da Terra de Soneira, polo cal as Revoltas Irmandiñas continúan logo de vinte e un anos. Cunha peza entre teatro e musical, Melodrama pretende facer unha sátira do mundo das verbenas en Galicia.

01:00 | Celtas Cortos
30 anos de concertos por todo o panorama nacional e internacional, máis de dous millóns de discos vendidos e un repertorio cheo de cancións coñecidas por varias xeracións son a carta de presentación deste grupo rock con influencias celtas. De Valladolid a Vimianzo traerán o son celta e inspirarán recordos en todo o público irmandiño.

02:30 | Firkin
Un lustro despois de consolidarse como unha banda referente do folk-rock internacional, estes húngaros chegan por primeira vez ao país para deixar pegada. Autoproclamados como “a tola banda irlandesa” non deixarán a ninguén indiferente grazas ao seu estilo tan característico e divertido. Amosarannos un novo xeito de vivir a música celta.

04:00 | Spin Te Kú
Coa mesma forza dun ariete, esta banda entra en escea en cada un dos seus concertos. A disco por ano e sen deixar de traballar en novas composicións, Spin Te Kú parecen non tocar teito. Revolucionando o panorama musical coa súa mestura de ska balcánico e krazy-klezmer, estes mozos madrileños farán imposible que o público se resista a bailar.

DOMINGO 3 DE XULLO
10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
13:00 | Castelo vivo, un paseo pola historia: QUINQUILLÁNS (Castelo)
13:30 | Sesión vermú: Medio Quinhón (Praza Castelao)
17:00 | Castelo vivo, un paseo pola historia: QUINQUILLÁNS (Castelo)

Outros
Servizo de Cociña
Zona de Acampada e Duchas
TRAXES PARA ALUGAR OU MERCAR
Stand Irmandiño na praza do Concello (comida, bebida, tenda, información)

Entrada de balde: axúdanos, non fagas botellón! Ten conciencia. Ten sentido.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

3 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 3 Pin It Share 0 LinkedIn 0 3 Flares ×